Axenda

Chichafest
sábado 13 xuño 2026, 13:00
Vistas : 55

Onda Chicha xa ten pechado o cartel do seu gran festival final. As bandas Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos serán as encargadas de subir ao escenario da Sala Capitol de Santiago de Compostela o próximo 13 de xuño, nunha sesión vermú que dará comezo ás 13:00 horas, e coa que se pechará esta primeira edición do proxecto impulsado por Chichalovers e Radio Líder Santiago.

As tres formacións foron seleccionadas entre as gañadoras das sete convocatorias de Onda Chicha. Ao longo desta primeira edición, o programa tamén recoñeceu o talento de Lisdexia, Amaramar, Pulpa e Noite Atari, consolidándose como unha plataforma de apoio e difusión para novas bandas galegas emerxentes.

O ChichaFest 2026 reunirá música en directo, cultura, talento novo, gastronomía e produto local nunha xornada especial na que, ademais, se decidirá cal das tres bandas participantes se converte na gañadora final de Onda Chicha. O premio será a gravación dun EP nos estudos de Garaxe Land.

As entradas xa están á venda e as primeiras 100 contan cun prezo reducido ata esgotarse. Poden adquirirse nesta ligazón.

O evento conta coa colaboración de Radio Líder Santiago, Quincemil, Fogar Festivais, Arde Música e StageUp e co patrocinio da Deputación da Coruña, Daveiga, Garaxe Land, Queixería Barral e Bodegas Lodeiros.

Lugar: Sala Capitol - Santiago de Compostela
5863692819404567564.jpg

AXENDA GZMÚSICA

Creado por Ignacio Heredia, ao que non coñecemos pero estamos moi agradecidos. FONTE: https://github.com/IgnacioHeredia

Sábado, 11 Xullo 2026 01:17

Na xornada do venres 9 de xullo, o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira acolleu no Escenario Estrella Galicia a gran final do seu emblemático Concurso Runas. Nesta edición, o...

Venres, 03 Xullo 2026 23:59

O artista viveirense publicou o pasado 10 de xuño o seu novo EP, 6 a.m.ORES, un traballo composto por seis cancións no que experimenta con ritmos novidosos no seu repertorio, afastándose...

Sábado, 27 Xuño 2026 21:44

PALCO é o novo escaparate sectorial da música impulsada desde Galicia, que terá lugar do 3 ao 5 de novembro de 2026 en Santiago de Compostela, na Cidade da Cultura e noutras salas e espazos de...

AO VIVO

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.