
NOVOS PULSOS CHEGA Á COFRADÍA!
O VENRES 30 DE OUTUBRO temos unha cita coa nova xeración da música galega. Dous artistas, dúas propostas con personalidade propia e unha mesma maneira de entender a música: sen complexos, sen fronteiras e facendo do galego unha lingua coa que explorar novos sons.
9LOURO | Desde Muros, e cunha identidade musical que non entende de etiquetas nin fronteiras, NO SINTO = converteuse nunha das voces máis interesantes da nova escena urbana galega.
O que comezou como un proxecto caseiro foi medrando ata conectar con toda unha xeración, demostrando que se pode facer música urbana en galego con personalidade, ambición e sen renunciar ás propias raíces.
Despois de Nove Noves, o seu novo traballo, Amorrer, supón un novo paso adiante nunha traxectoria que non deixa de medrar.
Trap, reguetón, pop e ritmos latinos conviven nun universo sonoro propio, con letras directas e sen filtros que falan de amor, inseguridades, contradicións e de todas esas cousas que atravesan a vida dunha xeración que está aprendendo a atopar o seu lugar.
Despois de rebentar o escenario fai un ano escaso no noso IV Aniversario agora temos a oportunidade de desfrutalo na distancia curta, coa intensidade e a proximidade que só pode ofrecer unha sala coma a nosa.
TAÏN | Como artista convidado teremos ao coruñés taïn , unha proposta que transita entre o pop-rock e o punk, con guitarras afiadas, unha voz desgarrada e cancións que non teñen medo a amosar as feridas.
Despois de Amor Subterráneo, chega con La Rendición, un novo EP no que fala de ansiedade, culpa, amor e desa aprendizaxe tan difícil que é deixar de loitar contra todo e aprender a soltar.
Dúas maneiras diferentes de facer música, unidas pola honestidade e polas ganas de dicir cousas.
VENRES 30 DE OUTUBRO
22:00h (apertura de portas: 21:30h)
A COFRADÍA — VILANOVA DE AROUSA