Axenda

Samaín Gharboso
sexta feira 30 outubro 2026, 18:00
Vistas : 19

 SAMAÍN GHARBOSO! 
As Gharbosas Do Piñeiriño organizan un Samaín cheo de meigallo e troula o próximo 30 de outubro! Unha actividade aberta a calquera persoa que se queira achegar a pasar un bo rato connosco .

 Punto de encontro: Centro Cultural Breogán. No Piñeiriño, «o mellor barrio do mundo»!
 Dende as 18:00 horas.
 Venres 30 de outubro.

 O que nos espera :

 Xogos para a cativada.
 Roteiro nocturno polo barrio con cabazas e velas ao puro estilo da Santa Compaña.
 Chocolatada, queimada e foliada no local para pechar a noite !

 Trae a túa cabaza xa decorada ou velas para o roteiro. E quen queira... que veña disfrazado/a!
Animádevos a celebrar o Samaín con nós!

Coa colaboración da Asociación Veciñal Breogán, como non podía ser doutra maneira!

Agardámosvos 

Lugar: Centro Cultural Breogán - Vilagarcía de Arousa
861854329_1439075584267693_1233340834324991332_n.jpg

AXENDA GZMÚSICA

Creado por Ignacio Heredia, ao que non coñecemos pero estamos moi agradecidos. FONTE: https://github.com/IgnacioHeredia

Sábado, 11 Xullo 2026 01:17

Na xornada do venres 9 de xullo, o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira acolleu no Escenario Estrella Galicia a gran final do seu emblemático Concurso Runas. Nesta edición, o...

Venres, 03 Xullo 2026 23:59

O artista viveirense publicou o pasado 10 de xuño o seu novo EP, 6 a.m.ORES, un traballo composto por seis cancións no que experimenta con ritmos novidosos no seu repertorio, afastándose...

Sábado, 27 Xuño 2026 21:44

PALCO é o novo escaparate sectorial da música impulsada desde Galicia, que terá lugar do 3 ao 5 de novembro de 2026 en Santiago de Compostela, na Cidade da Cultura e noutras salas e espazos de...

AO VIVO