Axenda

Foliada de Outono
sábado 21 novembro 2026, 21:00
Vistas : 21
Anunciamos unha nova edición das foliadas de outono que se celebrará o sábado 21 de novembro no Centro Socio Cultural de Begonte, xunto ao Centro Médico. Como é habitual, na foliada haberá un espazo para a formación e tamén para a festa.Nesta ocasión o obradoiro será un achegamento ao repertorio acompañado de pandeiro cadrado en Covelo, impartido polo mestre Roberto Rodríguez Comezaremos ás seis da tarde e terá unha duración aproximada de dúas horas. O prezo será de 15€ para persoas non asociadas e de 10€ para asociadas. O número de prazas é limitado polo que cómpre anotarse no noso correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
Despois do obradoiro teremos uns petiscos para coller forzas e comezar, arredor das nove, a Foliada de Outono. Nesta ocasión comezará a foliada o grupo residente, Treitoira para seguir coa festa desde Lugo coa agrupación Son de Lugh. Despois, foliada libre ata que o corpo aguante. Como sempre agradecemos aos grupos convidados a súa disposición para vir tocar e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo, ao Concello de Begonte a a Cervexa Artesá Aloumiña por colaborar nesta gran festa da nosa cultura.
Lugar: Centro Socio Cultural de Begonte
foliada_outono_26.png

AXENDA GZMÚSICA

Creado por Ignacio Heredia, ao que non coñecemos pero estamos moi agradecidos. FONTE: https://github.com/IgnacioHeredia

Venres, 20 Novembro 2026 23:44

O Ven e baila! celebrará a súa terceira edición o domingo 29 de novembro, ás 13:00 horas, cunha gran convocatoria colectiva que convida a todo o público a participar, saiba ou non bailar. A...

Xoves, 19 Novembro 2026 11:49

O evento celebrarase este domingo 22 de novembro no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela ás 18:30h. Uxía, Mar, Andrea Nunes Brións, Ana Gago e Xico de Cariño recollerán os galardóns...

Mércores, 18 Novembro 2026 01:24

O artista saca o seu segundo LP, que vén de presentar na súa vila, Bueu. A xira de presentación ten polo de agora datas confirmadas en febreiro do 2027 en Madrid e Barcelona. Meu onde estás? é un...

AO VIVO

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.