O horario das actuacións son:
22:30 A Familia Caamagno
23:30 O Leo i Arremecághona (1º Pase) .
24:00 Os Diplomáticos de Monte Alto
02:00 Recambios Tucho
03:00 O Leo i Arremacághona (2º Pase).



A comisión do Festival Armadiña Rock presenta o seu cartaz para o Armadiña Rock 2015, que terá lugar na praza da Chousa de Combarro, o venres 21 de Agosto as 22:30 horas.
Nesta setima edición o cartaz estará composto polos grupos: Familia Caamagno, Os diplomáticos de Montealto, Recambios Tucho e O leo e arremecághona.
A entrada sera completamente de balde e tamén se ubicara unha zona de acampada gratuita o lado do campo de futbol da Reiboa na Seca a menos de 10 minutos andando do festival.
Unha das novidades desta edición do Armadiña Rock é creación dun festival infantil que ao chamamos "Armadiña Kids". Achegará a música aos/ás raparigos/as de diferentes modos: obradoiro de percursión, pinta caras, etc. Farase a tarde do 21 de agosto a partir das 17:00 na Escola do Campo de Combarro, xusto ao caron da praza da Chousa.
O Festival infantil ven completar a axenda do 21 de agosto en Combarro. A ACDeM Armadiña organizará nesa data: teatro de rúa, unha sesión vermú, unha exposición de fotografía de embarcacións tradicionais, un festival infantil e o Armadiña Rock. E ti valo perder?
Medre o mar!
Creado por Ignacio Heredia, ao que non coñecemos pero estamos moi agradecidos. FONTE: https://github.com/IgnacioHeredia
Na xornada do venres 9 de xullo, o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira acolleu no Escenario Estrella Galicia a gran final do seu emblemático Concurso Runas. Nesta edición, o...
O artista viveirense publicou o pasado 10 de xuño o seu novo EP, 6 a.m.ORES, un traballo composto por seis cancións no que experimenta con ritmos novidosos no seu repertorio, afastándose...
PALCO é o novo escaparate sectorial da música impulsada desde Galicia, que terá lugar do 3 ao 5 de novembro de 2026 en Santiago de Compostela, na Cidade da Cultura e noutras salas e espazos de...