Mércores 22 de xullo, Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre fixeron a súa presentación na praza da Quintana de Compostela. Única ocasión de ollar ao vivo este novo proxecto até que no outono publiquen o seu disco de estrea e fagan xira polos teatros do país. Aló estivo o Miguel Duarte, que agora nos achega crónica do primeiro estalo dun proxecto que de certo vai ser unha das grandes novidades deste ano na música galega.

 O pasado mércores 22 de xullo, Xabier Diaz presentou o seu novo proxecto coas Adufeiras de Salitre nun marco inmellorable: a compostelá praza da Quintana ateigada de xente que acudiu ao Certame Folk, celebrado nas festas do Apóstolo no que tamén había unha mostra de artesanía e actuacións de Magin Blanco, Cantigas e Agarimos, Tis Che Tein e Pepe Vaamonde Grupo. Esta sería a única data do verán na que veriamos o Xabier coas Adufeiras, xa que ata outubro non sairá The Tambourine Man, o seu novo disco, do que fará a súa correspondente xira-presentación polos teatros do país. Todo isto fixo que se formase unha grande expectación ao redor do concerto.

Con bastante puntualidade, ás 20:05h saíu o ex-Berrogüetto Anxo Pintos a presentar o seu vello compañeiro de banda e acto seguido saíron as dez adufeiras (Lidia Sanmartín, Iria Penabad, Noemí Basanta, Bea Mariño, Carolina Vázquez, Maite López, Cristina Pico, Mariña García, Montse García e Mariña García) vestidas de elegante negro e armadas cos adufes (pandeiros cadrados), pandeiretas e cunchas. Comezaron botándolle un par de pezas tradicionais elas soas. Logo saíu a escena Xabier co seu pandeiro e arroupado polos irmáns Gutier e Javier Álvarez, que se encargaron da zanfona, violín e do acordeón diatónico respectivamente.

Co saúdo inicial aos composteláns e visitantes da cidade, Xabier foi presentando unha a unha as pezas do seu novo disco, unhas cancións de caracter tradicional, pero vestidas dunha atmósfera íntima, máxica e hipnótica por momentos, na que a percusión cobra gran protagonismo. Coa presentación de Cantiga da Montaña, o adianto do disco en forma de videoclip, Xabier convidou a xente a facer palmas. Ao ser un concerto no que aínda brillaba o sol, atopabamos un público do máis diverso, dende xente nova a pais cos nenos pequenos. Todos se deixaron contaxiar pola maxia da música, deixándonos momentos no que se formaron simultaneamente 5 ou 6 rodas de xente bailando ao longo de toda a praza da Quintana.

A nova banda, na que se reivindica a figura da muller e do adufe, despedíuse baixo unha Quintana xenerosa cos aplausos, deixándonos a todos con ganas de máis, aínda que toca agardar con paciencia ata outubro para escoitar as pezas de The Tambourine Man, un disco que dende logo dará que falar.

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre - Cantiga de montaña

{fcomments}

Vindeiros concertos

696692432_10162818246040913_4039719241228959260_n.jpg }10 Xul 2026
De Ninghures + 9Louro + Talco
Peirao de Arcade - Arcade (Soutomaior)
734488906_1707879697194104_3745508805482607458_n.jpg }09 Xul 2026
Festas do Carme
Marín
723042505_10162945433755913_7563919495505803910_n.jpg }08 Xul 2026
Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira
Ortigueira
708655472_18359466532237107_8804535167843233152_n.jpg }09 Xul 2026
Portamérica
A Azucreira - Portas
725649370_1006123875122663_4434515635080982_n.jpg }10 Xul 2026
Serán D´Aquí
Campo da Leña - A Coruña
738616356_1685769119795187_540202632499547084_n.jpg }10 Xul 2026
Terapia de Grupo
Recordis - Vila Nova de Cerveira (Portugal)
695230092_1568321675302726_4191624422713095322_n.jpg }10 Xul 2026
XIV Rock in Río Tea
Parque da Feira Vella - Ponteareas
738396167_1382151437394093_867614973846155914_n.jpg }10 Xul 2026
XXI Xornadas Mariñeiras Muros Mira ao Mar
Muros
725947108_1701401341179022_2095984172476308518_n.jpg }10 Xul 2026
06:00PM -
O Carballal Son
Estación Vella - A Gudiña
721415447_4378426822413571_815777411858139348_n.jpg }10 Xul 2026
08:00PM -
I Foliada Taberna Airexe
Taberna Airexe - Muro (Láncara)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.