A finais de outubro a nosa flamante correspondente compostelá andou polo Womex. A meirande feira musical europea recalou este ano na Galiza e por alí pasaron moitísimas propostas, interesantes algunhas e exóticas a maioría, normalmente moi complicadas de atopar no noso país. Aquí vos queda un resumo en vídeo e unhas fotos, da man de Lety GF, do que máis lle chistou a ela desta edición galega do Womex.

Pois aquí estamos de novo, con algo máis dun mes de retraso, pero é o que ten o inverno, que pouco tempo nos deixa ás estudantes. Cun mes de atraso porque xa foi entre os dias 22 e 26 de outubro que se celebrou en Compostela o Womex (The world music expo), unha feira musical na que participan proxectos de todo o mundo. No saco da world music colle practicamente de todo, e neste Womex 2014 houbo ducias de grupos participantes, charlas, proxeccións e demáis eventos, todos eles en relacción coa industria musical.

Pese a grande participación de proxectos de todo o mundo, non atopamos moita representación galega, e tampouco atopamos caras que estamos habituados a ver nos eventos musicais do país. Non é desde logo o Womex un festival convencional, trátase dunha feira cun carácter eminentemente profesional, dirixida a todo o entramado da industria musical. Porén, houbo un lote de bos concertos. A este evento achegábanse representantes de múltiples estilos musicais, e pese a que a maioría deles non eran estilos afíns ao meu gusto, si que gostei de ver a moitos deles, xa que algúns eran estupendos músicos.

Aquí vos traemos un vídeo con un pequeno anaco de de 13 das bandas que nos pasamos a ver nesta expo, aínda que os participantes superaban o medio centenar.

E aquí tedes unhas fotos:

FOTOS, VÍDEO e TEXTO: Lety GF

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.