Vindeiro sábado, 11 de xullo, Outeiro de Rei volve acoller o Convivio da Cultura Galega. A Fundación Manuel María organiza por segundo ano este encontro, unha festa de e para o tecido cultural do país. Na carballeira de Santa Isabel, ao pé do Miño e do Ladra, con actividades desde as 12 da mañá até as 9 da noite. 


A Fundación Manuel María está a organizar para o vindeiro sábado día 11 en Outeiro de Rei unha xornada de encontro e festa de todo o tecido cultural do país: o Convivio da Cultura Galega. É unha iniciativa que a fundación comezou a facer o ano pasado, ao bo abeiro de Manuel María na súa "tribo" natal. Dentro das cousas que vai acoller o Convivio deste ano está unha foliada aberta a todos os colectivos, grupos ou persoas por libre que se queiran unir a ela. Vai ser nunha contorna tan fermosa como a da carballeira da Santa Isabel, á beira das augas do Miño e do Ladra, a partir das seis da tarde e animada por Xurxo Souto. Desde a Fundación Manuel María están a contactar con todos os colectivos e persoas da nosa música para os animar a acompañalos ese día e participar da festa. Desde A Coruña e desde algunha outra comarca porán, ademais, autocarro debalde para facilitaren canto posíbel o desprazamento a Outeiro. As persoas interesadas poden contactar coa Fundación no teléfono 698 177 621.

{fcomments}

Vindeiros concertos

729736789_1707565100190759_4225820741163368637_n.jpg }18 Set 2026
Somos Música
Pontevedra
784119368_1507223348114024_4281827792949270714_n.jpg }23 Set 2026
Festival da Maré
Santiago de Compostela
729736789_1707565100190759_4225820741163368637_n.jpg }18 Set 2026
Somos Música
Pontevedra
773186249_1811060946977365_8979404130184395708_n.jpg }24 Set 2026
Compostela Urban Fest
Campus Vida - Santiago de Compostela
784119368_1507223348114024_4281827792949270714_n.jpg }23 Set 2026
Festival da Maré
Santiago de Compostela
729736789_1707565100190759_4225820741163368637_n.jpg }18 Set 2026
Somos Música
Pontevedra
767130823_37587126890932161_805627178590826609_n.jpg }25 Set 2026
Festiblas 14
Club Clavicémbalo - Lugo
784119368_1507223348114024_4281827792949270714_n.jpg }23 Set 2026
Festival da Maré
Santiago de Compostela
729736789_1707565100190759_4225820741163368637_n.jpg }18 Set 2026
Somos Música
Pontevedra
811303792_1058595770146237_2618456850666685060_n.jpg }25 Set 2026
XXXIV Rock in Cambre
Campo da Feira - Cambre