Sacha na Horta ten disco novo. Despois do 'Temos moito por sachar' chega 'Fóra do regho'. Cinco novos temas, -habituais tamén dos seus concertos-, onde ten cabida o rock, o ska, a mestizaxe e pingadelas doutras herbas coma o hip-hop. Politicamente incorrectas mais seguidoras do balla e difendi, do convite á festa e á reflexión, Sacha son acedas e positivas por partes iguais. Festeiras, pero cunha retranca importante e o traballo é unha boa mostra do que podes atopar nun directo da banda. Escoita 'Fóra do regho' no interior do artigo.
A xira dos 25 anos de Zënzar queima as últimas datas. Ano intenso para os de Cerceda, que tocaron arreo ao longo de todo o país. E unha das últimas paraxes, o Bobber Café de Bertamiráns, o pasado 9 de novembro.
Lydida, García e Leo. As Labregas do Tempos dos Sputniks, versionando unha outra vez Celso Emilio. Libremente. Vídeo de Lucía Mallo

A Asociación de Músicos ao Vivo fixo pública na noitiña deste venres a relación dos 39 finalistas nas 13 categorías dos Premios "Martín Códax" da Música Galega. Nunha festa celebrada nas adegas Martín Códax de Cambados, á que asistiron músicos e outros profesionais do sector, alén de diversas autoridades, deuse a coñecer a listaxe, escollida polos socios da Asociación de entre as 521 propostas presentadas. Variedade e calidade nas 39 propostas finalistas, bótalles un ollo!
Martes 19 de novembro, hase presentar Galiza, o novo disco do Kepa. Limos pola rede que o traballo vai ser "a novidade sobranceira na música de raíz da península" dos últimos tempos. Pois iso. Velaquí a promo!
Vicky Polard apresenta un adianto do seu EP de estrea, Sem Saïda, terceiro tema subido ao seu bandcamp desde que en xaneiro do ano pasado o estreasen con Apocalypse Não.