Grupos

O grupo A Quenlla presentará este venres, día 28 de marzo, a partir das 20.30 horas, no auditorio da Casa do Saber da Vicerreitoría de Coordinación e Planificación do campus de Lugo, o seu último álbum ’30 anos con A Quenlla de amor, dor e loita’, un traballo co que esta formación galega pretende saír ao paso fronte á actuación “situación de crise e desleixo”, afirma Baldomero Iglesias, Mero. O novo disco de A Quenlla, que vén de converterse en realidade xusto cando se cumpren 30 anos da formación deste grupo, deixa a un lado a música tradicional para centrarse de cheo nas cancións de autor..

A formación ribeirense anunciouno hai uns días nunha multitudinaria rolda de prensa no restaurante Galipizza, en Culleredo, que patrocinará o concerto, o 31 de maio ás 20.30 horas na Sala Shoko. Os ‘máis jrandes’ fletarán varios autobuses desde o país para encher en Madrid, que percorrerán o camiño a España en caravana. Á chegada haberá un xantar de confraternización entre os fans procedentes galegos e españois. Na rolda de prensa anunciaron ademais o primeiro concerto no Barbanza logo do seu regreso aos escenarios en marzo de 2012: aínda que sen pechar polo momento, o máis probable será que se celebre entre xuño e xullo.

Sés estivo a presentar Co xenio destrozado por Madrid hai uns días. Entrevistas, concertos en pubs e para pór o ramo, unha actuación nos Directos de Radio 3. Non é habitual ultimamente que desde o estado presten atención ás músicas que facemos no que eles chaman "periferia", mais a María Xosé rachou con esa seca cunha actuación memorable. Eis o vídeo do seu concerto que emitiu onte á noite La2, por se non deches aguantado a noite pasada até a súa emisión.


Discos da Máquina prepara un EP temático con cancións inéditas de todas as súas bandas. Monstros da Máquina Vol.I vai ser o título do primeiro EP temático que o selo cooperativo Discos da Máquina edite, con cancións inéditas de todas as bandas que forman parte do proxecto. Entre elas, a nova incorporación do selo Sub Rosa ou outras como Grampoder ou Ataque Escampe. Estas 3 formación anuncian, ademais, novos traballos individuais para a primavera.

Emilio Rúa ten en marcha un proxecto en Verkami para editar o seu quinto traballo, 'Destino Sur'. Cando faltan 3 semanas para que remate o proxecto de micromecenado, o cantautor ourensán xa acadou o 75% do diñeiro mais aínda precisa un empurrón para lle dar xeito ao novo disco.

A presentación do novo disco de La Tarrancha, 'Mezillingües', -hoxe, sexta-feira 21 de febreiro, coincide co Día Internacional da Lingua Materna. O grupo ástur arrodeuse de moitos collacius procedentes dos 4 recantos da península para lle facer un oco no traballo ás linguas propias das distintas culturas peninsulares. Así, ao carón do asturlleonés -e da súa variante mirandesa- aparecen o aragonés, o occitano, o catalán, o castelán ou o eúscaro, quedando a representación das falas galego-portuguesas na man de Guillerme Ignacio, de Quempallou, Vito Álvarez, de Soncai Sistem, e Andrés Rodríguez Monteávaro de Mezá. Escoita e/ou descarga de balde no interior do artigo.

AO VIVO