Grupos

Estes Xogos musicais de Luís Prego veñen contribuír nun campo que aínda está por encher en galego, porque se ben é certo que o noso patrimonio inmaterial, no que a cantigas e xogos infantís se refire, é enorme, non o é tanto o número de publicacións que lles facilitan aos pais e ás nais o acceso ou o achegamento a algo fundamental nos primeiros anos das crianzas: a música. Na introdución deste libro-disco Prego é moi claro con esta cuestión, e afirma categoricamente que, ao ser nos primeiros anos de vida cando se comeza a formar a personalidade do individuo, a música ten que desempeñar un papel fundamental.

Mónica de Nut presenta Cántocha de mala ghana, adianto do seu novo disco Dos fíos invisibles chegan as cores . Videoclip no que interpreta acarón de Virxilio da Silva e Marcelo DoBode unha ribeirana con arrecendo a Mississipi e psicodelia.


Estreamos nova sección en GZmúsica. A editora e experta en literatura infantil e xuvenil Paula Fernández, -colaboradora habitual de varios medios do país-, achegará puntualmente críticas sobre as novidades musicais enfocadas ás e aos pequerrechos. E a nova sección comeza cunha fermosa obra, A nena e o grilo nun barquiño, un libro e un CD de Magín Blanco para Fol Música que se converte nunha magnífica porta de entrada á música de noso para os máis novos.

O disco Magnético Zen, de Xoán Curiel, foi distinguido co premio ao mellor álbum en galego nos V Premios da Música Independente. «É un momento importante na miña carreira», apunta o artista, que describe o galardón como «recoñecemento ao traballo duro de varios anos» e agradece tanto a distinción como o labor dos artistas que colaboraron con el e fixeron posible o traballo. Estes premios, de ámbito estatal, entrégaos a Unión Fonográfica Independente, entidade constituída hai xa unha década para representar a produción fonográfica diante das institucións e organismos de todo o mundo. No apartado de mellor disco galego do ano, alén do de Curiel había outros traballos como os de Terbutalina, Uxía, Sérgio Tannus ou Telephones Rouges.

No ano 1998, Fame Neghra sacaba o seu primeiro LP, O neno carburador, gravado a comezos dese ano nos estudios Fussión de Vigo. 15 temas que camiñan entre o punk-rock que practicaba a banda na altura, o power pop e o garage cara ao que camiñarían despois os seus integrantes noutros proxectos como Samesugas e The Homens e o hardcore das primeiras maquetas dos propios Fame Neghra. Agora, 15 anos despois, Lixo Urbano subiu ao seu bandcamp este disco, referencia inexcusable do rock galego de finais do século XX. Escóitao no interior do artigo.


AO VIVO

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.