A Asociación de Músicos ao Vivo fixo pública na noitiña deste venres a relación dos 39 finalistas nas 13 categorías dos Premios "Martín Códax" da Música Galega. Nunha festa celebrada nas adegas Martín Códax de Cambados, á que asistiron músicos e outros profesionais do sector, alén de diversas autoridades, deuse a coñecer a listaxe, escollida polos socios da Asociación de entre as 521 propostas presentadas. Variedade e calidade nas 39 propostas finalistas, bótalles un ollo!
Aquí tedes unha lista de reprodución con 39 temas dos grupos finalistas nas 13 categorías. 3 horas e media de boa música feita en Galiza.
Lista de Reprodución cos 39 finalistas
Pop e indie
- Eladio y Los Seres Queridos
- Xoel López
- TERELAND
Rock, blues, funk & soul
- NARF
- Cró!
- Foxy Freire
Jazz e músicas improvisadas
- Abe Rábade Trío
- Marcos Pin Factor E-Reset
- Paco Charlín "Flood"
Hip-Hop e músicas urbanas
- Dios ke te Crew
- Wöyza
- García MC
Música clásica e contemporánea
- Taller Atlántico Contemporáneo
- Orquestra Vigo 430
- Vertixe Sonora Ensemble
Folque
- Berrogüetto
- Cuarteto Caramuxo
- Caxade
Música tradicional galega
- Treixadura
- Davide Salvado Trío
- Cantigas e Agarimos
Músicas do mundo
- Banda Crebinsky
- 2us
- Germán Díaz Método Cardiofónico
Música infantil
- Mamá Cabra
- A Nena e o Grilo nun Barquiño
- Pablo Díaz e a Banda Tic Tac
Electrónica
- Das Kapital
- Aquofono
- Sub Rosa
Metal
- Machina
- Nao
- Tálesien
Reggae, ska & mestizaxe
- Transilvanians
- Dakidarría
- Cuchufellos
Orquestras, grupos e música de verbena
- A Magnifique Bande
- Os da Ría
- Orquestra Os Modernos
{fcomments}