Axenda

Festival Rock & Dorna
From sexta feira 18 xullo 2025
To quinta feira 24 xullo 2025
Vistas : 154

VENRES 18 DE XULLO

22:47 h na Plasa de Pontevedra, o anteriormente dinamisador de tanatorios, MATEO ABELLEIRA, fará retumbar as fiestras daqueles que, por méritos propios, herensia ou desjrasia,  meresen un altar no Reino dos Seos *Jodechinchos: nos referimos a los vecinos de Bandourrío. Na Porta do Sol, caladoiro satánico da Ijlesia, o DJ máis selestial de Ribeira, DJ LANDEIRA, vestirá alsacuellos e sotana para pinchar avemarías con máis groove que unha misa dominical con jospel. Mentres tanto, na rúa Alcalá Jaliano, que ten máis locais profesionais dorneiros por metro cadrado ca bares en Fondevila, o pinto coa lista máis jrande de cansións piratas descarjadas do Emule, DJ CT, deleitará aos asistentes con mesclas musicais máis pelijrosas que un tenderete de fentanilo no Monumento.

sábado 19 DE XULLO

 

domingo20 DE XULLO

23:57 h. Na Porta do Sol, CONSIERTASO da man do RockAndDorna de BANDA XANGAI. O nome completo é “A Orquestra Bravú Banda Xangái”, pero a tinta de impresora está cara así que por motivos de efisiensia económica, de ajora en diante referirémonos a eles coma “os do nome jrande”. Liderado por vocalistas que, aínda que paresen saídos dunha escola de sirco alternativo, lojran sincronisar máis de tres acordes sejidos aprendidos na escola musical de denoite. Capachos de desibelios jallejos dos de jastar pista sen ter que faser bailes idiotas.

luns 21 DE XULLO

15:56 h. CONSIERTASO da man do RockAndDorna DE BATEA na Area Secada de EL CLAN DE LOS IMPOSTORES. Jrupo experto en aljoritmo musical mesclado con talento, intuisión con arranxos tan finos e sincronías tan perfectas que sonan máis a silisio que a ensaio. Ide preparando os jorros de baño de licra, os flotadores de plástico reseco
de estar ao sol e as vosas mellores dotes de natasión artística porque vanvos faser falta para botar as brasadas prohibidas disfrutando da sesión actuático-musical por antonomasia. A pissina de olas de Serseda vai pareser un juarisnai a medio beber en comparasión ca ensenada do Touro.

23:51 h. CONSIERTASO da man do RockAndDorna de O ‘FUNK’ILLO na Porta do Sol, nova sesión de Rock and Dorna. O jrupo, que aprendeu a tocar cando faltaban ao catesismo para ver videoclips de Maikel Jasón en bucle, trae un repertorio similar, pero en edisión cadera tullida e jritos satánicos de orquesta. Podedes faser coma nós e ir a escoitarlle as cansións máis populares no espotifái (ou Apple miúsic se teus pais son de La Puebla) e así ver si vos vale a pena camiñar os sinco minutos que vos leva ir desda fanequeira ata a Ijlesia.

martes 22 DE XULLO

21:36 h WEST DUBAI. Autodenominado o “Bad Bunny de Ajiño”, trae ritmos que botan fume coma as rodas dunha carrilana sen ITV. As letras falan de humildade mentres presume de cadenas doradas e sapatillas brancas máis falsas que un “a última” dun sábado ás sinco da mañán.

22:57 h DENOM. Flow intenso, mirada de enfado permanente e verso armado ata os dentes. Experto en usar palabras esdrújulas que riman con “a túa nai”, “por adiante e por detrás” e “te la inco”. O único artista capás de rimar “coídate” con “juarisnai” sen despeinarse.

mercores 23 DE XULLO

00:16 h. CONSIERTASO da man do RockAndDorna da TROPA DO CARALLO (no Malecón). Rock And Dorna de alto voltaxe, capachos de desibelios made in Jalisia, jitarra a fondo e batería chamando a filas coma serea en noite de temporal. Unha descarja sonora que servirá de entrante, tipo caldo de jloria, para un 24 de xullo que xa avisamos dende aquí que vai ser a ostia, sen réplica e sen botón de “repetir”.

XOVES 24 DE XULLO

13.13 h. Pasa rúas  a COROSO coa compañía da charanja SANTA COMPAÑA que amenisará o desfile tocando pesas (musicales, non da Fieiteira) populares e aljún que outro hit parroquial. No repertorio traen versións en jallejo profundo de “Tú has venido a la orilla”, “Cuerpo de Cristo” e “Aleluya” remasterisado con versión acústica.

19:58 h. TOP SECRET. Consentrasión astral onde un ano máis as peñas dorneiras terán permiso temporal para alterar o espazo-tempo, os fluxos de consiensia e as normas de estar aínda na casa e coller a tempo á marea dorneira. O efecto sorpresa será tal que sejuro deixará comentarios de apertura en Cambiemos Ribeira, jrupo de filósofos locais herdeiros dunha corrente esquecida da Xeneración do 27, concretamente a que se reunía os xoves no bar Plasa para faser lecturas da Torá. Será dirixido pola
Xarda Sivil, peña encarjada de impartir a disciplina na Dorna, e contará coa partisipasión de LATEXO PERCUSIÓN, LOU BAND, CHARANGA BCB, CHARANGA SGHAE e a última arma secreta da Cofradía.

22:32 h. CONSIERTASO da man do RockAndDorna a carjo de MONOULIOUS DOP, jrupo composto por volcalistas, baixos e baterías esquesidos de Eurovisión. O jitarrista —sejún fontes non contrastadas— é un híbrido entre unha da Puebla e un de Ribeira, versión can de palleiro do homo sapiens. E como Bretal está na casa, pois jas a fondo nas etapas e quentando motores para o colofón final. E que Alfonso Mera nos pille confesados.

01:13 h. CONSIERTASO no Rock And Dorna de BALKAN BOMBA, no único palco que debe quedar en pé a estas alturas. Música da de bailar pejados, entonar jorjoritos cos punteos de jitarra e faser tocar trompetas como tocaron as jaitas do Bruno Fest. Teloneiros do Himno Dorneiro, que non é lujar para calquera. Balkan Bomba abrirá o camiño ao momento máis solemne da sinjladura, e iso xa é disir. Non faltes, que esta non se repite nin con reencarnasión.

Lugar: Ribeira
499069557_18149910061372580_2325621744418800231_n.jpg

AXENDA GZMÚSICA

Creado por Ignacio Heredia, ao que non coñecemos pero estamos moi agradecidos. FONTE: https://github.com/IgnacioHeredia

Xoves, 12 Decembro 2024 22:46

SonRías Baixas deu a coñecer o cartel completo da súa próxima edición, que se celebrará os días 1, 2 e 3 de agosto de 2025 na localidade de Bueu (Pontevedra). Despois de conseguir reunir durante...

Xoves, 05 Decembro 2024 00:57

Rebeliom do Inframundo despedirá o seu disco 'Amor ou Barbárie' nun concerto moi especial na Sala Capitol de Santiago de Compostela o vindeiro 16 de maio de 2025. As primeiras cen entradas, cunha...

Mércores, 04 Decembro 2024 00:03

O dúo vigués formado por Claudia Abril e Marina Carpente presenta novo single,unha muiñeira de Caroi con arranxos propios, acompañado dun fermoso videoclip escrito e dirixido por Miguel Méndez e...

AO VIVO