Axenda

Algarabía
From sexta feira 05 Setembro 2025
To domingo 07 Setembro 2025
Vistas : 106

venres 5 setembro
21.00 h - Pinchada con Manolo Martín! Compartirá  
toda a súa sabeduría musical poñendo clásicos que
probablemente non coñezades...ígnaros! Xusto
despois, comezarán os concertos de: Luch O’Ner,
FAUL, Samesugas e Salavelatoria.

sábado 6 setembro
12.00 h - Inauguración Especial Colectiva Algarabía
no Museo Municipal Ramón Ma Aller Ulloa. Quinto
ano consecutivo no que un feixe de grandes artistas
veñen expoñer con nós. Vide darlle un aplauso a
Cecilia, que este ano non traballa.
12.45 h - Pregón espectacular (coma todos...pero este
é moi especial) e cambio de placa da Praza das Pipas.
13.00 h - Xogos populares: CULTURETAS vs.
ÍGNAROS. Quen xogará mellor ao brilé? alguén
que coñece a diferencia entre plumbago e índigo,
ou alguén que vai 3 veces á semana ao Arena? Vide
descubrilo mentras desfrutades dun vermú!
13.30 h - Sesión vermú con Roseira Brava. Imos
botarlle uns bailes e uns aturuxos (non fai falla saber
bailar para unirse ao torreiro)
17.00 h - Talleres para desfrutar en familia. As
marabillosas compas de Educalecrín e de Tuerqueen
estarán compartindo os seus saberes para que todes
aprendamos algo novo mentres o pasamos piruleta.
19.00 h - Guerra de auga (se o tempo e a seca
acompañan). Poñede o traxe de baño, traede unha
toalla para cando remate e deixade a vergoña na casa:
aquí non se fan prisioneiros.
19.20 h - Todes a secarse e mudar bragas e calzóns
enchoupados. Poñede as vosas mellores galas para
desfrutar da noite!
21.00 h - Iniciamos de novo con pinchada para ir
quentando, da man de Manolo Martín. Ao rematar,
fabulosos concertos da man de Constanza, RuxeRuxe,
Atmósfera 0 e Sandford Music Factory.

domingo 7 setembro
12.00 h - Tradicional Lalín-Empalme-Lalín para
vehículos non contaminantes. Celsiño, Xu e Maru
irán dar un paseo e vós podedes acompañalos. Eu
non mo pensaría!
13.00 h - Misa solemne coa intervención de Santo
Torrisco (se conseguimos espertalo) Vide expiar os
vosos pecados da noite anterior, impíos!
13.30 h - Sesión vermú coa Banda de Alola & amigos.
Kg trae amigos e á xente de Alola para que poidades
curar a resaca coma é debido. Pasamos lista!
15.00 h - A comer! Recordade que temos unha
zona preparada para a ocasión con mesas, sofases
e sombras para botar unha parrafada colectiva. De
novo, teremos a Cabanas aos fogóns!
17.00 h - O noso Celsiño (si, temos os dereitos
pero compartímolo con todes) dará comezo aos
tradicionais xogos de domingo! Podedes gañar un
exquisito bote de froita en conserva mentres nos
axudades a batir o récord do mundo de Pelota no
Aire.
19.00 h - Concerto fin de festa con Muaré. Imposible
ter un mellor broche que con xente da casa e que
molan un pegote.
21.00 h - Se aínda quedades pola praza...axudade a
limpar (por favor e grazas ^^)

Lugar: Praza das Pipas - Lalín
518110436_1204357675069478_4934312730715508000_n.jpg

AXENDA GZMÚSICA

Creado por Ignacio Heredia, ao que non coñecemos pero estamos moi agradecidos. FONTE: https://github.com/IgnacioHeredia

Xoves, 12 Decembro 2024 22:46

SonRías Baixas deu a coñecer o cartel completo da súa próxima edición, que se celebrará os días 1, 2 e 3 de agosto de 2025 na localidade de Bueu (Pontevedra). Despois de conseguir reunir durante...

Xoves, 05 Decembro 2024 00:57

Rebeliom do Inframundo despedirá o seu disco 'Amor ou Barbárie' nun concerto moi especial na Sala Capitol de Santiago de Compostela o vindeiro 16 de maio de 2025. As primeiras cen entradas, cunha...

Mércores, 04 Decembro 2024 00:03

O dúo vigués formado por Claudia Abril e Marina Carpente presenta novo single,unha muiñeira de Caroi con arranxos propios, acompañado dun fermoso videoclip escrito e dirixido por Miguel Méndez e...

AO VIVO

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.