Axenda

Raigañas
sábado 13 Setembro 2025, 12:30
Vistas : 42
Este sábado, no Museo do Pobo Galego, poderemos desfrutar da actuación das pandeireteiras de Raigañas, grupo que naceu no seo da @acraiganhas de Cerqueda, Malpica de Bergantiños, para difundir o legado musical galego e bergantiñán. Aquí vos vai un adianto!
 A peza que comparten nesta ocasión con nós é a Punteada de Cerquedo. Esta cantiga xa a cantaba Dolores Cancela Pérez, de Carballo, unha informante da recompiladora Asunción Calvo Alonso, que enviou as súas recollidas á Real Academia Galega en 1912. Unha das primeiras mulleres recompiladoras, que podemos atopar na Biblioteca do Museo do Pobo Galego.
 13 de setembro
 Xardín do Claustro. Museo do Pobo Galego
 12:30 horas
A entrada é libre até completar capacidade.
Ao vento, xa vedes que non lle temen. En caso de choiva, o concerto trasladarase ao Auditorio do Museo do Pobo Galego.
Lugar: Xardín do Claustro, Museo do Pobo Galego - Santiago de Compostela
498746253_2725505647638587_436586543424126848_n.jpg

AXENDA GZMÚSICA

Creado por Ignacio Heredia, ao que non coñecemos pero estamos moi agradecidos. FONTE: https://github.com/IgnacioHeredia

Xoves, 12 Decembro 2024 22:46

SonRías Baixas deu a coñecer o cartel completo da súa próxima edición, que se celebrará os días 1, 2 e 3 de agosto de 2025 na localidade de Bueu (Pontevedra). Despois de conseguir reunir durante...

Xoves, 05 Decembro 2024 00:57

Rebeliom do Inframundo despedirá o seu disco 'Amor ou Barbárie' nun concerto moi especial na Sala Capitol de Santiago de Compostela o vindeiro 16 de maio de 2025. As primeiras cen entradas, cunha...

Mércores, 04 Decembro 2024 00:03

O dúo vigués formado por Claudia Abril e Marina Carpente presenta novo single,unha muiñeira de Caroi con arranxos propios, acompañado dun fermoso videoclip escrito e dirixido por Miguel Méndez e...

AO VIVO