Axenda

Raposa
sábado 11 outubro 2025, 20:30
Vistas : 4

As primeiras raiolas de sol entrando polas fendas da persiana nunha fría mañá primaveral. A calor no sofá tras unha noite de ver filmes parvos en compañía. Os reflexos irisados que decoran as esquinas dos lugares máis inesperados. O bo amor, o bo desamor, e todo aquilo que habita no medio. A todo isto soan Raposa: a música diferente e brandiña para xente diferente e brandiña.
Raposa veñen ao Liceo este sábado 11 para presentar o seu primeiro álbum “Un amor”, en formato completo. As cordas pulsadas varias de María Villanueva e Rubén Abad (Cró, Trilitrate, Peña...), estarán ben acompañadas de Carlos Castro á percusión e Elena Vázquez (Peña, Trilitrate, Leira Papaia...) ao violino. Non o podedes perder.
Sábado 11 de outubro. 20:30 horas.
Entrada a vontade entre 5 e 10€ integramente para as artistas.
Cartaz de Montse Piñeiro
Lugar: Liceo Mutante - Pontevedra
556846597_1258808296291245_4812936445707645904_n.jpg

AXENDA GZMÚSICA

Creado por Ignacio Heredia, ao que non coñecemos pero estamos moi agradecidos. FONTE: https://github.com/IgnacioHeredia

Xoves, 12 Decembro 2024 22:46

SonRías Baixas deu a coñecer o cartel completo da súa próxima edición, que se celebrará os días 1, 2 e 3 de agosto de 2025 na localidade de Bueu (Pontevedra). Despois de conseguir reunir durante...

Xoves, 05 Decembro 2024 00:57

Rebeliom do Inframundo despedirá o seu disco 'Amor ou Barbárie' nun concerto moi especial na Sala Capitol de Santiago de Compostela o vindeiro 16 de maio de 2025. As primeiras cen entradas, cunha...

Mércores, 04 Decembro 2024 00:03

O dúo vigués formado por Claudia Abril e Marina Carpente presenta novo single,unha muiñeira de Caroi con arranxos propios, acompañado dun fermoso videoclip escrito e dirixido por Miguel Méndez e...

AO VIVO