Axenda

Hydn + Emmy Curl
sábado 29 novembro 2025, 22:00
Vistas : 9

O vindeiro 29 de novembro, a Rebullón aposta por dúas das artistas máis prometedoras ao norte e sur do rio Miño.

Da parte Sur, Emmy Curl (@emmycurl) voz destacada da música portuguesa, gañadora do Premio José Afonso 2025 e finalista do Festival da Canção, presenta o seu disco "Pastoral", unha viaxe sonora entre raíces e vangarda, natureza e emoción.
Máis de 70 concertos no tour de presentación do disco dende o 2024 avalan a esta artista, que de seguro sorprenderá ao público galego.

hydn (@iamhydn), gañadora do Martín Códax 2024 a Mellor Artista Urbana, representa a unha nova xeración do pop urbano galego. Intérprete e compositora, combina electrónica e pop con toques 2000s nun show coreografado que destaca pola forza escénica e a conexión coa súa xeración.

Unha noite para deixarte envolver por dúas artistas únicas, que transforman o escenario nun espazo de emoción, luz e futurismo poético ✨

 Sábado 29 de novembro · 22:00 h
 Sala Rebullón (Pontevedra)
 Entradas: 8 € reserva anticipada / 10 € na porta
 Reservas: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 Tamén dispoñibles na Cantina As Pedriñas

Lugar: Sala Rebullón - O Rebullón, Tameiga (Mos)
572218646_1384285903699601_3746667164828918457_n (1).jpg

AXENDA GZMÚSICA

Creado por Ignacio Heredia, ao que non coñecemos pero estamos moi agradecidos. FONTE: https://github.com/IgnacioHeredia

Xoves, 12 Decembro 2024 22:46

SonRías Baixas deu a coñecer o cartel completo da súa próxima edición, que se celebrará os días 1, 2 e 3 de agosto de 2025 na localidade de Bueu (Pontevedra). Despois de conseguir reunir durante...

Xoves, 05 Decembro 2024 00:57

Rebeliom do Inframundo despedirá o seu disco 'Amor ou Barbárie' nun concerto moi especial na Sala Capitol de Santiago de Compostela o vindeiro 16 de maio de 2025. As primeiras cen entradas, cunha...

Mércores, 04 Decembro 2024 00:03

O dúo vigués formado por Claudia Abril e Marina Carpente presenta novo single,unha muiñeira de Caroi con arranxos propios, acompañado dun fermoso videoclip escrito e dirixido por Miguel Méndez e...

AO VIVO

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.