Axenda

Punk contra o Apartheid
sábado 06 decembro 2025, 19:00
Vistas : 11

O día 29 de novembro é o Día de Solidariedade Internacional co Pobo Palestino. En colaboración con @punksagainstapartheid e todas as bandas que están volcándose nesta causa – contra o xenocidio, contra o imperialismo -, queremos impulsar e promover a partir dese mesmo día un mes de concertos benéficos en apoio á Resistencia Palestina tanto polo Estado como a nivel internacional. Moitas bandas están organizando eventos e animamos a seguilas.
 Así, o día 6 de Decembro organizamos na nosa casa - @csfuscalho – unha xornada de punk e de loita, co apoio de 7 bandas máis que se prestaron de maneira absolutamente desinteresada a participar.
 Ás 19 horas terá lugar unha conversa con @bdsgaliza e @baixominho_con_palestina sobre o Boicot e a Resposta represiva estatal e internacional.
 Dende as 20 horas haberá ceador vegano.
Tamén dende as 20 horas daremos comezo aos concertos con:
@bleaknesspunk | postpunk parís
#LampreaExplosiva | punk pontevedra
@yesavage_nekrobongolord | danza primitiva asturies
@diskrasuki | d-beat porto
@fracturaghc | hardcore vigo
@clavo.punk | punk pontevedra
@herbaemoviolence | screamo pontevedra
@tenuepunx | punk a guarda
Absolutamente todo o recadado nas entradas será destinado á causa palestina, cun prezo a partir de 5€, se ben animamos a quen poida a donar 10€ ou máis, tendo en conta que tocaremos 8 bandas.
Do mesmo xeito, teremos a venda as últimas unidades dos nosos LPs que, como sabedes, son tamén completamente solidarias.
Por último, en colaboración co noso amigo @juan_venganza poremos á venda camisetas co seu deseño, tamén benéficas. Asimesmo, teremos tamén camisetas de @punksagainstapartheid. Moitísimas grazas Juan!
POLA GLOBALIZACIÓN DA INTIFADA.
PALESTINA LIBRE!
Lugar: CS Fuscalho - A Guarda
593603102_25496222579989384_611109403198083009_n.jpg

AXENDA GZMÚSICA

Creado por Ignacio Heredia, ao que non coñecemos pero estamos moi agradecidos. FONTE: https://github.com/IgnacioHeredia

Xoves, 12 Decembro 2024 22:46

SonRías Baixas deu a coñecer o cartel completo da súa próxima edición, que se celebrará os días 1, 2 e 3 de agosto de 2025 na localidade de Bueu (Pontevedra). Despois de conseguir reunir durante...

Xoves, 05 Decembro 2024 00:57

Rebeliom do Inframundo despedirá o seu disco 'Amor ou Barbárie' nun concerto moi especial na Sala Capitol de Santiago de Compostela o vindeiro 16 de maio de 2025. As primeiras cen entradas, cunha...

Mércores, 04 Decembro 2024 00:03

O dúo vigués formado por Claudia Abril e Marina Carpente presenta novo single,unha muiñeira de Caroi con arranxos propios, acompañado dun fermoso videoclip escrito e dirixido por Miguel Méndez e...

AO VIVO