
E agora, poñemos o peche ao 2025 cun evento que non vos deixará indiferentes! A Casa da Irmandade acolle a derradeira gran cita do ano:
"Soas na Casa" da Irmandade: A ÚLTIMA DESCARGA DO 2025!
SÁBADO 20 DE DECEMBRO | 19:00H | A CASA DA IRMANDADE, VEDRA
A partir das sete da tarde, preparádevos para unha noite de rock, punk e enerxía de base co mellor do panorama galego. Seis proxectís listos para estalar:
BASTARDOS DE RIVERA (Vimianzo)
EME PUNK TORRA JOY (Mundo da Punkorrupción)
ESKRAVOS (A Estrada)
KONDUSIÓN KOLÉRICA (Muros)
PATRIK'S NOMINE (Compostela)
SUDOR DO TRACTORISTA (Sarria)
Non hai mellor xeito de pechar o ano que coa #CulturaDeVerdade!
A ENTRADA É LIBRE e, como sempre, será con TAQUILLA INVERSA. Vós decidides canto vale o esforzo, a autoxestión e a calidade dos grupos que nos visitan!
Vémonos o 20 de decembro para a última gran troula!

Creado por Ignacio Heredia, ao que non coñecemos pero estamos moi agradecidos. FONTE: https://github.com/IgnacioHeredia
SonRías Baixas deu a coñecer o cartel completo da súa próxima edición, que se celebrará os días 1, 2 e 3 de agosto de 2025 na localidade de Bueu (Pontevedra). Despois de conseguir reunir durante...
Rebeliom do Inframundo despedirá o seu disco 'Amor ou Barbárie' nun concerto moi especial na Sala Capitol de Santiago de Compostela o vindeiro 16 de maio de 2025. As primeiras cen entradas, cunha...
O dúo vigués formado por Claudia Abril e Marina Carpente presenta novo single,unha muiñeira de Caroi con arranxos propios, acompañado dun fermoso videoclip escrito e dirixido por Miguel Méndez e...