Axenda

Muaré + Café de Pota
sábado 31 xaneiro 2026
Vistas : 20

Aí vén a primeira!
O sábado 31, pola tarde, tedes un compromiso no Roxerius con Muaré e Café de Pota.
Haberá un sistema de taquilla inversa: o acceso será libre para todo o mundo, mais á saída do local poderás aportar o que ti queiras a un bote que irá integramente destinado a apoiar os grupos!
Ademáis, terá lugar o noso I Torneo de Tetris en arcade e con premio para a puntuación máis alta.
Muaré: Dende Compostela, teñen unha proposta atrevida de directo que veñen presentar con pezas como "Conxo" e "Deixar de Pensar", dous adiantos con videoclips dun novo proxecto que teñen no forno, e que promete poñervos a bailar a todxs ao ritmo do funk
Café de Pota: coa súa atrevida proposta que mestura rock, punk, funk e practicamente o que lles botes, non deixarán a ninguén indiferente. As autoridades sanitarias recomendan unha escoita irresponsable de temas como "Compromiso Social" ou "Gatillazo", que poderedes desfrutar o 31 no Roxerius
Vémonos alá, entón! Con este plan, vas quedar na casa?
@muare.music
@kafedepota
@roxerius_rianxo
Lugar: Cafetería-Restaurante Roxerius - Rianxo
617136595_18405080299126619_6824695311922398025_n.jpg

AXENDA GZMÚSICA

Creado por Ignacio Heredia, ao que non coñecemos pero estamos moi agradecidos. FONTE: https://github.com/IgnacioHeredia

Xoves, 12 Decembro 2024 22:46

SonRías Baixas deu a coñecer o cartel completo da súa próxima edición, que se celebrará os días 1, 2 e 3 de agosto de 2025 na localidade de Bueu (Pontevedra). Despois de conseguir reunir durante...

Xoves, 05 Decembro 2024 00:57

Rebeliom do Inframundo despedirá o seu disco 'Amor ou Barbárie' nun concerto moi especial na Sala Capitol de Santiago de Compostela o vindeiro 16 de maio de 2025. As primeiras cen entradas, cunha...

Mércores, 04 Decembro 2024 00:03

O dúo vigués formado por Claudia Abril e Marina Carpente presenta novo single,unha muiñeira de Caroi con arranxos propios, acompañado dun fermoso videoclip escrito e dirixido por Miguel Méndez e...

AO VIVO