

O sábado 27 ás 11.00 horas coa presentación do Festival Lingua Moza e unha mesa redonda sobre lingua e infancia. Ás 12.00 horas, as regueifeiras do Regueifa Tour impartirán o obradoiro «Aprender a regueifar en 50 minutos». Logo, ás 13.30 horas, haberá títeres con Mirari Urruzola, que ofrecerá o espectáculo «A filla do cacharulo», dirixido a pequenos de 0 a 12 anos. O xantar terá lugar ás 14.30 horas. Pola tarde, ás 16.00 horas, Autómatas Trécola, e desde as 17.00 horas, roteiro teatral Son D'Aldea, que presentará unha experiencia diferente de teatro vivo, integrado, orgánico e comunitario. A merenda dará comezo ás 18.30 horas e ofrecerá á rapazada embutidos de porco celta. Ás 19.30 horas, ReGueiZeta, con Regueifeiros da Semente no tractor Barreiros. Autómatas Trécola volverá ás 20.30 horas, e ás 21.30 chegará un dos pratos fortes da xornada co concerto que ofrecerán Uxía Senlle e Sergio Tannus.
O domingo 28, a xornada arrincará ás 11.00 horas coa presentación da Xornada Xuvenil. Analizarase como a mocidade revitaliza o idioma. Ás 11.30 horas, mesa redonda sobre a lingua e as novas xeracións de activistas. Falarán representantes de Proxecto Neo, Escola Semente, Ultreia Tempo Livre, Clubes de Regueifa e outros. Ás 12.30 horas, obradoiro de sketching e banda deseñada con Cristian Caruncho. Ás 14.00 horas, xantar. Pola tarde, desde as 16.00 horas haberá un encontro con Pinto de Herbón e Luís o Caruncho. Ás 18.00 horas, Festival de talentos diversos con violinistas, acordeonistas, mago, gaiteiros e, como definen desde a organización, «outras especies». Ás 19.00 horas, lecer para coller aire e ás 19.30, merenda para a rapazada con embutidos de porco celta. Pola noite, ás 20.30 horas, Regueifa Tour. Festa e revolución!, con A Nova Regueifa, con bases electrónicas, pandeiretas, crítica social, festa e moito humor. Pechará o festival un concerto de Punk'on Keixo, «a nova xeración do punk de raíz».

Creado por Ignacio Heredia, ao que non coñecemos pero estamos moi agradecidos. FONTE: https://github.com/IgnacioHeredia
SonRías Baixas deu a coñecer o cartel completo da súa próxima edición, que se celebrará os días 1, 2 e 3 de agosto de 2025 na localidade de Bueu (Pontevedra). Despois de conseguir reunir durante...
Rebeliom do Inframundo despedirá o seu disco 'Amor ou Barbárie' nun concerto moi especial na Sala Capitol de Santiago de Compostela o vindeiro 16 de maio de 2025. As primeiras cen entradas, cunha...
O dúo vigués formado por Claudia Abril e Marina Carpente presenta novo single,unha muiñeira de Caroi con arranxos propios, acompañado dun fermoso videoclip escrito e dirixido por Miguel Méndez e...