Os Guezos, os Labregos do Tempo dos Sputniks e Avante Rock da Galiza porán o punto final a un festival que se estrea en Begonte. Actividades ao longo de todo o día, pensando nos pequenos e mais nos maiores da man da Asociación Cultural Castiñeiro Milenario. Será este sábado 21 de xullo desde xa ás 11:30h da mañá con actividades para as e os cativos até ben entrada a madrugada cos concertos. Xunto co Festival da Chaira, que tamén se celebra este sábado 21, alternativa para a fin da semana na Terra Chá.
E xa para rematar co material do A Chorar a Cangas, un par de vídeos da noite. Primeiro o punk-rock de Malas Pulgas:
E a festa rachada do Neto de Manoel e Os Fillos de Quen:
Bastards on Parade en acústico e Darrente a Parede deron calor á sesión vermú do Festival A Chorar a Cangas do pasado sábado 14 de xullo. Aquí tedes un retallo da actuación dos Bastards...
E aquí un pouco de Darrente a Parede:
Sábado 14 de xullo, nunha xornada maratoniana que comezou ás 12 da mañá e rematou máis alá das 3 da madrugada, andamos polo A Chorar a Cangas. O festival-troula-akelarre organizado pola xente de Deskarga Furtiva que por segundo ano encheu a vila do Morrazo de música e festa. Nunha xornada que comezou coa sesión vermú amenizada polos Bastards on Parade e Darrente a Parede. E que continou, despois dun descanso ben merecido, co concerto da noite protagonizado por Malas Pulgas, Falperrys, O Neto de Manoel e os Fillos de Quen e mais Os Zopilotes Txirriaos. Contámosvos un pouquiño do que alí aconteceu...do que nos lembramos!
Aquí tedes unhas fotos dos concertos do venres 6 de xullo no Sons da Lameira 2012. Nese día, O Fiadeiro, Abóbriga, Zurrumalla e Os Cuchufellos pasaron polo escenario instalado no torreiro da festa da parroquia de Matamá, en Vigo. Poallou aos poucos, pero os e as máis valentes non recuaron cara á carpa e seguiron a botarlle os bailes a pé de palco, chovese ou non. De aquí a pouco, subiremos máis material da edición deste ano do Sons da Lameira.
A canción dos Sonoro Maxín, un dos participantes na noite, foi premonitoria. Non quero un paraugas, non quero, eu quero un chuvasqueiro amarelo. Porque co paraugas non hai quen baile e onte en Calo as 2.000 persoas congregadas na primeira xornada do Música na Noite tiñan ganas de bailar. Hoxe ha continuar a festa, coa xornada dedicada á música tradicional, onde destaca a presenza dos Cempés, embarcados na súa xira de retorno, 20 anos despois do seu primeiro concerto aló polo arredado ano 1992.
}29 Mai 202653 Día da Muiñeira Pontevedra |
}30 Mai 2026Ailá Mercado Gandeiro - Chantada |
}30 Mai 2026Festa do Boi Allariz |
}29 Mai 2026Festa do Peixe Bande |
}29 Mai 2026IX Romaría Celtista A Estrada |
}29 Mai 2026Incode Fest III Alameda de Pontevedra - Pontevedra |
}30 Mai 2026LVIII Festa da Troita Ponte Caldelas |
}29 Mai 2026Romería Popular do Corpus Bulso (Sober) |
}29 Mai 2026VIII Cantos de Taberna de Pontedeume Pontedeume |
}30 Mai 2026XIX Feira da Empanada e Outros Produtos dos Ancares As Nogais |