Atopamos na rede esta fantástica reportaxe feita por Vince Ou Ieah sobre o festival organizado polo Colectivo Berra! no Val Miñor a finais de decembro.
A pasada fin de semana, a quinta edición do Festival Furtivo achegou até Cangas unha boa posta de música do país. A parte musical do Furtivo abriuse venres cos Skarallaos, para seguir sábado con Ludovaina, Os 3 Trebóns, Terbutalina e Skarnivals. O ramo púxoo o Cé Orquestra Pantasma, nunha sesión vermú divertida tanto para as crianzas coma para os que aínda non foran durmir. Todo a prol de ADICAM, a Asociación de Diagnosticad@s de Cancro de Mama do Morrazo, que recibiu xa de Deskarga Furtiva, -asociación organizadora do Furtivo-, o importe íntegro das 460 entradas vendidas na xornada do sábado, único día en que as actuacións foron de pago.
Ler máis: Furtivo 2012. Crónica, vídeos e fotos dos concertos
Nas ladeiras da Cabeza Grande, na Terra de Trives, dinlle "andar á rebusca" á recolleita das derradeiras castañas do outono. Hai xa catro anos, a Asociación A Rebusca decidiu convidar a xente toda do país a andar á rebusca de castañas, festa e paixón no festival que leva até ao Macizo Central o mellor da música do país. Este ano por vez primeira en versión duplicada, despois da Rebusca en xuño, agora gozamos coa Rebusca de outono.
Hai 15 días estivemos por Chantada. Toda a familia GZmúsica desprazouse até a vila que é berce do bravú para gozar con outra edición do Castañazo. Xa sabedes que subimos hai días vídeos, fotos e entrevistas, mais quedáranos atrás a crónica da nosa reporteira máis intrépida. Non é a única crónica que ides atopar pola rede, haivos outras ben interesantes como a de Arbolícia, mais esta é a nosa.
Aló os foron. Reporteir@s Festivaleir@s no Castañazo. No cerne da festa, incluso sobrevoándoa. Xa sabes...ti dálles un móbil que grave ben e eles fan maghas!!
Morría setembro cando Manselle armou a súa festa grande. O Festivalo, -construído, como o valo do que colle o nome, co traballo común da veciñanza-, chegaba á súa segunda edición cun cartaz ben xeitoso: Os Carapaus, Sechu e os Invisibles, Medomedá e Sacha na Horta configuraban a proposta de música do país da que gozamos malia as trabadelas do primeiro viruxe do outono.
}24 Out 2026Hugo Guezeta Sala Capitol - Santiago de Compostela |
}24 Out 2026Minguante O Xandoneto - As Neves |
}24 Out 202601:00PM - VI Foliada e Cantos de Taberna de Taboada Taboada |
}24 Out 202605:00PM - As San Lucas. Terras de Encontro Mondoñedo |
}24 Out 202605:00PM - Pasabodeghas San Miguel de Sarandón (Vedra) |
}24 Out 202605:00PM - XVII Foliada da Mariña Praza do Concello - Xove |
}24 Out 202606:00PM - Pakolas Biblioteca Municipal - As Pontes |
}24 Out 202607:00PM - XIV Ruada de Teixeiro Praza do Pobo - Teixeiro, Curtis (Curtis) |
}24 Out 202607:00PM - XIV Ruada de Teixeiro Praza do Pobo - Teixeiro, Curtis (Curtis) |
}24 Out 202607:00PM - Voces e Cordas nunha Tarde de Outono Local Social Liga de Amigos de Barallobre - Barallobre (Fene) |