Apenas quedan 4 días para que comece o Festival da Candeloria 2017. Desde o venres ás 20h, cos Falperrys erguendo o pano desta edición, até o sábado ás 4 da mañá, cando Inoperantes DJS collan o relevo de Ruxe Ruxe e armen a fin da festa, unha fin de semana intensa e con moita música en Lugo. Ah! E por riba, con bo tempo. Entérate de todo o que vai haber na Candeloria neste artigo.
Continúa o acoso da Garda Civil aos colectivos que traballan pola cultura no Morrazo. O instituto armado español vén de presentar denuncia contra as organizadoras do Festival da Liberdade e responsables da AC A Tiradoura pola celebración na vila de Cangas do II Festival da Liberdade, os pasados 13, 14 e 15 de outubro.
Agosto remata e temos aínda un feixe de cousas que contarvos dos moitos festivais que visitamos nese mes. Comezamos polo principio, coa crónica e mais as fotos da primeira xornada do Festival de Pardiñas deste ano. Até aló foi o Lavesedo a botar unhas pesas coa música da Banda Crebinsky, Anxo Lorenzo Band, Rare Folk e Liviao de Marrao.

O mes de agosto adoita traer escollas complicadas. Marisquiño ou Castelo? Pardiñas, Zas ou SonRías? Nesas e noutras dúbidas existenciais debatémonos na redacción de GZmúsica a primeira fin de semana deste mes. Non nos dabamos posto de acordo así que optamos pola solución salomónica: Ti a Boston e eu a California, ou o que é o mesmo, andamos por Bueu e por Guitiriz gozando coas propostas -ben diferentes- que se ofrecía eses días. Primeira entrega, o SonRías. A viaxe do C. Gende até o Morrazo para vivir a edición do festival de Bueu e de paso atoparse co Xabicas, que fixo unhas fotazas como acostuma.
Hai agora exactamente un mes, andamos por Matamá para asistir ao Sons da Lameira. Festival de referencia na bisbarra viguesa, o evento organizado pola xente do colectivo Malaherba da parroquia de Matamá trouxo até o escenario da Lameira bandas galegas, portuguesas e españolas. Deixámosvos aquí crónica e fotos de Lavesedo.
O pasado venres 1 de xullo estivemos en Sabucedo, a gravar no Rapasons o que vai ser o cuarto programa desta 3ª temporada de GZmúsica TV. Volvía o festival de Sabucedo despois duns anos de parón, cun cartaz ben atractivo: Xabierz Díaz&Adufeiras, Sés, Ataque Escampe e Cuchufellos. Para alén de entrevistar as bandas e gravar un pouquiño tivemos tempo para bailar, comer churrasco a fartar e de paso tirar unhas fotiños -o Lavesedo- e facer esta pequena crónica -a S. Murias- do que por aló houbo. Pasen, lean...e miren!
}10 Abr 2026Festas de San Telmo Tui |
}16 Abr 202609:30PM - Ombra de Lúa Filloa Jazz Club - A Coruña |
}17 Abr 2026Tanxugueiras + José Bonaparte Festival Música de los Mundos - Santa Fe, Granada (España) |
}17 Abr 202605:30PM - Festival Modo Galego Explanada do Pavillón de Deportes - Bertamiráns, Ortoño (Ames) |
}17 Abr 202609:00PM - Mediarea Garufa Club - A Coruña |
}17 Abr 202609:00PM - Mediarea + Tiruleque Garufa Club - A Coruña |
}17 Abr 202609:30PM - Xurxo Estévez Trío Filloa Jazz Club - A Coruña |
}18 Abr 2026Rebeliom do Inframundo Sala La Trinchera - Madrid (España) |
}18 Abr 2026Serán Son do Noso Ortigueira |
}18 Abr 2026Vimbio Sala Kominsky - Vigo |