Festivais


Vindeiro sábado, 11 de xullo, Outeiro de Rei volve acoller o Convivio da Cultura Galega. A Fundación Manuel María organiza por segundo ano este encontro, unha festa de e para o tecido cultural do país. Na carballeira de Santa Isabel, ao pé do Miño e do Ladra, con actividades desde as 12 da mañá até as 9 da noite. 

Durante o mes de maio Compostela celebrou as Festas da Ascensión. Alí viviunas, gozounas e sufriunas Lety GF a nosa reporteira que exerce de veciña -temporalmente- da capital. Aquí nos conta o que lle pareceu os concertos polos que andou neses días, La Pegatina, Néstor Pardo, etc.

Chegou maio, chegaron os festivais de verán. Agás eses pequenos oasis -Taíña, Candeloria- que nos matan o ·"mono" na invernía, desde A Rebusca até a Treze Catorze, apenas hai festivais no país. Así que non podiamos faltar nesa primeira cita festivaleira, en Salceda de Caselas, que por tradición marca o comezo da temporada de festivais de verán. Até alí fomos para facer unha reportaxe con crónica, vídeo e fotos. Aquí a tedes!

O pasado 7 de marzo, o Auditorio Afundación de Vigo acolleu a cuarta edición do Cantares no Miñor. Celebrado por vez primeira fóra da bisbarra que lle dá nome, o festival contou coa participación de Cantares do Brión -coro organizador do evento- e de Toxos e Froles de Ferrol. Alí estreouse a nosa nova reporteira, Cova González, que nos trae un pequeno resumo en vídeo das actuacións destes dous coros tradicionais.

Até este sábado 14 de marzo está aberto o prazo para se apuntar neste primeiro Concurso de bandas que organiza a Asociación Cultural Rúa de Música de Sarria. Para se apuntar apenas hai que lles enviar información da banda e ligazóns a algún vídeo do grupo que estea na rede ou algún vídeo gravado no propio local de ensaio. A asociación escollerá 12 bandas entre todas as que se presenten para a fase previa. Haberá dous gañadores, que poderán tocar no Garitosis 2015, e ademais levarán cadanseus 500€ en metálico, Máster da gravación do seu concerto no Garitosis 2015 e 100 copias do primeiro CD Garitosis. O resto das 12 bandas non levarán recompensa económica pero terán cuberta cea e durmida os días que toquen ademais de poder empregar o backline da asociación.

En Lugo nunca hai nada, disque. Ou nunca había, pois despois desta edición da Candeloria na cidade das murallas xa non se pode dicir que a capital do interior sexa un lugar onde nunca acontece nada. O responsable desta metamorfose foi un festival que deitou 48 horas de música, festa e un moi bo ambiente pola cidade. O melloriño da música nacional e estatal xuntos no Pazo de Feiras e Exposicións. Rock, hip hop, metal, pop. Sesión vermú, Cantos de Taberna vespertinos e troula nocturna. De todo e todo bon na Candeloria 2015. Aquí tedes a nosa visión e unha fotiños. Ah! E lembrade que MAÑÁ venres 6 de marzo, estará online o Especial GZmúsica TV A Candeloria 2015.

Vindeiros concertos

585768104_1338024458336140_2878227062180881234_n.jpg }28 Nov 2025
Festas de Santa Catalina
Portonovo, Adina (Sanxenxo)
uxia-xira25.jpg }28 Nov 2025
09:00PM -
Uxía
Auditorio do Pazo da Cultura - Carballo
577578018_695376560288067_47545943449353578_n.jpg }28 Nov 2025
09:00PM -
A Pedreira + Faia + Felissa Segade
Auditorio do Pazo da Cultura - Pontevedra
584882342_1146221611051387_4909839680923644709_n.jpg }28 Nov 2025
09:30PM -
Noxxo
O Buril - Sarria
588617408_1271245561695704_4922521854846722635_n.jpg }28 Nov 2025
10:00PM -
Foliada en Compostela
A Nave de Vidán - Santiago de Compostela
571352046_1224921929669233_3571719526673220335_n.jpg }28 Nov 2025
10:30PM -
Furanchology
A Arca da Noe - Vilar de Santos
577178237_10162048413110913_4125717688305386834_n.jpg }29 Nov 2025
A Candeloria Pista Extra Vol.2
Pazo de Feiras e Congresos - Lugo
585768104_1338024458336140_2878227062180881234_n.jpg }28 Nov 2025
Festas de Santa Catalina
Portonovo, Adina (Sanxenxo)
564599136_10224860224573305_4805494553223015416_n.jpg }29 Nov 2025
Retrofoliada
Torrecino de Cela - Cela (Bueu)
581958004_1262590715903630_4376138395313631405_n.jpg }29 Nov 2025
XXXV Semana da Música da Terra de Melide
Centro Sociocultural Mingos de Pita - Melide