Festivais


Volveu o Rebumbio. Desde a autoxestión e o traballo en man común, a xente máis bulideira de Mos volveu encher o monte do Rebullón de boa música. Este ano, o Rebumbio celebrouse conxuntamente coa Festa do Monte dos comuneiros da parroquia de Tameiga, e desde o venres 30 de agosto até o domingo 1 de setembro houbo música e festa no Parque Forestal. Estivemos alá a sexta-feira, a ollar os concertos de Chotokoeu, Ulträqäns e Os Vacalouras. Aquí tedes crónica, fotos e vídeo do que alí houbo.

A fin de semana do 26 e 27 de xullo, a parroquia de Taragoña, en Rianxo, acolleu unha nova edición do Festival AntrosPinos. A máis dura, segundo os organizadores e organizadoras, polo contexto social que se vivía eses días no país e por riba co engadido dunha segunda xornada pasada por auga. Porén, o FAP resistiu e resistirá, pois ha poder sempre máis o agarimo e a paixón dos que parten o lombo montando festivais na Galiza ca os atrancos que atopen no camiño. Desde aquí, todo o noso apoio e a nosa visión do FAP 2013: Fotos e vídeos de Lety GF.

Sen tempo non era, pero seguimos coa nosa ollada ao Revenidas 2013. Aquí tedes os vídeos que os nosos Reporteiros Festivaleiros gravaron, cámara en man, a pé de escenario. Fermín Muguruza, Zuloak, Martelo, A Compañía do Ruído, Narf e o comunicado das traballadoras da conserveira Cuca, que recibiron unha homenaxe o primeiro día do festival. E lembrade que o venres 9, emitiremos o Especial Revenidas en GZmúsica TV.

En GZmúsica seguimos a percorrer festivais polo país adiante. No último mes estivemos no Sons da Lameira, OuBeade, no Revenidas e no AntrosPinos. Do festival de Vilaxoán xa vos adiantamos algúns vídeos e esta semana haberá crónica. Tamén do AntrosPinos. Pero antes deixámosvos a nosa experiencia no OuBeade, que transcorreu entre o 11 e o 13 de xullo no parque forestal da parroquia viguesa de Beade.  Até alí subiu Lety GF o sábado e aquí tedes as súas fotos e a súa crónica.

Vilaxoán de Arousa foi a capital da música do país. Do 18 ao 20 de xuño, o Revenidas 2013 celebrou o seu décimo aniversario cunha proposta protagonizada pola música galega (Diplomáticos, Ruxe Ruxe, Martelo, A Compañía do Ruído, Narf,...) e adobiada con interesantes propostas foráneas (Zuloak, Obrint Pas,...). Estivemos aló e ao longo dos seguintes día iremos subindo cousas sobre o festival á web. Velaquí as primeiras impresións e un par de videos: Leo coas traballadoras de Cuca e mais O Caimán do Río Tea.

Fomos até a parroquia viguesa de Matamá, para asistir ao festival Sons da Lameira. Este ano só un día, o primeiro sábado de xullo xa que non se celebrou a xornada de folc, mais con moita afluencia de xente e cun cartaz variado que permitiu gozar as e os asistentes dunha calorosa e longa noite de música.

Vindeiros concertos

611633618_857667343689343_5703222139563001439_n.jpg }15 Xan 2026
Romaría de San Amaro
Matamá (Vigo)
610311624_18542172640045803_1801470274752265669_n.jpg }16 Xan 2026
Baiuca
Sala Razzmatazz - Barcelona (Catalunya)
611633618_857667343689343_5703222139563001439_n.jpg }15 Xan 2026
Romaría de San Amaro
Matamá (Vigo)
605757321_893670686672601_6097492849907561075_n.jpg }16 Xan 2026
San Blas Bembrive
Bembrive (Vigo)
611633618_857667343689343_5703222139563001439_n.jpg }15 Xan 2026
Romaría de San Amaro
Matamá (Vigo)
605757321_893670686672601_6097492849907561075_n.jpg }16 Xan 2026
San Blas Bembrive
Bembrive (Vigo)
612441650_18395205925183545_2028132748019490222_n.jpg }17 Xan 2026
12:00PM -
Romaría de San Sebastián
Pontevedra
604823695_1303768038451839_956885060220371735_n.jpg }17 Xan 2026
01:30PM -
Vai Rañala Meu
CS Artábria - Ferrol
611142986_898258172880519_272122574934623251_n.jpg }17 Xan 2026
07:00PM -
Festas de San Sebastián
Estás (Tomiño)
610700893_17851074774616328_7009229751539700836_n.jpg }17 Xan 2026
08:00PM -
Serán de San Antón
As Cortellas, Padróns (Ponteareas)