Festivais


A nosa reporteira máis arriscada manda crónica do pioneiro dos festivais reggae do país. O Foundation Reggae Fest, que chega á súa duodécima edición con novo emprazamento e cobrando por vez primeira entrada, condición indispensábel para garantir a súa supervivencia. Aquí tedes o que nos pareceu o festival, ademais dun bo feixe de fotos.

A vila portuguesa de Vila Nova de Creveira, acolleu o 14 e 15 de setembro, por terceiro ano consecutivo o festival Minho Reggae Splash, un evento onde se respira respecto e boa convivencia en todos os espazos verdes que ofrece a vila. Así o viviu a nosa correspondente.

Balboa é un dos concellos do Bierzo onde se fala galego. Esta zona dos Ancares leoneses, para alén das arquetípicas pallozas, conta con varios festivais de música galega, o ReggaeBoa, o Balboa Jazz Festival,...contará este verán cun festival máis. Trátase do “Vibra Balboa”, un evento completamente autoxestionado que terá lugar esta fin de semana do 31 de agosto e 1 de setembro.

Volve o Rebumbio cheo de música e diversión, como eles din: "para quitarnos de enriba o pesadelo da crise, ou polo menos para esquecela durante uns días. Porque loita si, pero festa tamén, faremos que o Rebullón acabe coas patas do revés." Nós iremos comprobalo!

O pasado sábado 18 de agosto celebrouse a 13ª edición da Festa Folc de Vilariño. A praia desta aldea do Hío, no Morrazo, volveu reunir milleiros de persoas a bailar ao son da música do país. Estivemos aló, todo o equipo de GZmúsica. Algúns traballando, outros de troula. Non nos quedaba outra, xa que todas e todos os que dalgún xeito colaboramos nesta web somos do Morrazo e temos un vencello con este festival. Así que se agardas atopar unha crítica obxectiva, fría e sintética, non sigas a ler. Se queres botarlle unha ollada ás fotos do Xabicas e ler un pouco como nós vivimos o festival, continúa!

Estivemos esta fin de semana na nosa aldea, en Vilariño, gravando a 13ª edición da Festa Folc. Aquí tedes un petisquiño do que pasou polo escenario, a xeito de avance. Ao longo dos seguintes días, iremos subindo máis cousas, pero é que aínda nos estamos a recuperar... Vilariño tropical!!



Vindeiros concertos

611633618_857667343689343_5703222139563001439_n.jpg }15 Xan 2026
Romaría de San Amaro
Matamá (Vigo)
610311624_18542172640045803_1801470274752265669_n.jpg }16 Xan 2026
Baiuca
Sala Razzmatazz - Barcelona (Catalunya)
611633618_857667343689343_5703222139563001439_n.jpg }15 Xan 2026
Romaría de San Amaro
Matamá (Vigo)
605757321_893670686672601_6097492849907561075_n.jpg }16 Xan 2026
San Blas Bembrive
Bembrive (Vigo)
611633618_857667343689343_5703222139563001439_n.jpg }15 Xan 2026
Romaría de San Amaro
Matamá (Vigo)
605757321_893670686672601_6097492849907561075_n.jpg }16 Xan 2026
San Blas Bembrive
Bembrive (Vigo)
612441650_18395205925183545_2028132748019490222_n.jpg }17 Xan 2026
12:00PM -
Romaría de San Sebastián
Pontevedra
604823695_1303768038451839_956885060220371735_n.jpg }17 Xan 2026
01:30PM -
Vai Rañala Meu
CS Artábria - Ferrol
611142986_898258172880519_272122574934623251_n.jpg }17 Xan 2026
07:00PM -
Festas de San Sebastián
Estás (Tomiño)
610700893_17851074774616328_7009229751539700836_n.jpg }17 Xan 2026
08:00PM -
Serán de San Antón
As Cortellas, Padróns (Ponteareas)