Festivais


A pasada fin de semana estivemos a gravar o vídeo oficial do Antrospinos V, que esta semana estará na rede. Pasámolo caralludamente en Taragoña. Tratáronnos moi ben e déronnos de papar callos e churrasco. Entre gravación de vídeo e prato de callos aínda tivemos tempo a tirar algunhas fotos dos concertos das dúas noites. Aquí as están.

A fin de semana vindeira é desas en que escoller a cita festivaleira á que asistir é un problema. Así de primeiras, SonRías Baixas en Bueu, Festa da Carballeira en Zas, Pardiñas en Guitiriz, Castelo Rock en Muros... e Festa do Albariño en Cambados, con Julio Iglesias e Manolo Escobar. Tentaremos irvos falando de cada unha delas ao longo da semana. Aínda que da Festa do Albariño igual pasamos. Iso si, seguramente tamén falemos dalgunha máis que agora nos esquece. De momento comezos polo Castelo Rock, que se presentou oficialmente o pasado sábado é que vai levar até Muros dúas noites do mellor rock nacional e estatal.

A música inundou Vilaxoán a pasada fin de semana e GZmúsica estivo aló para contalo. Se ti tamén estiveches nas Revenidas de Vilaxoán deste ano, bótalle unha ollada a este artigo. De seguro atopas algo interesante. E se non fuches a Vilaxoán, debes saber que tes un problema de axenda, pois deixaches pasar unha das mellores citas festivaleiras deste verán no país. Aínda así, neste artigo poderás atopar algo da esencia das Revenidas. Fotos. Vídeos. Crónica. Non incluímos o cheiro a sardiña, pero case, case...

A unha semana do V Festival Antrospinos en Taragoña, Rianxo, a organización agarda que asistan ao festival máis de 4.000 persoas. Xa se traballa no recinto para telo a punto os días do festival. Máis dunha ducia de conxuntos musicais participarán na quinta edición do festival Antrospinos, que se volverá celebrar en Campo Maneiro, Taragoña a sexta feira 27 e sábado 28 de xullo.

GZmúsica ao vivo desde a praia do Preguntoiro, sentidos os berros das tripulacións das traíñas que andar a bogar polo mar de Arousa. Que ben se está no Revenidas 2012! Onte,  noite espectacular. Terbutalina, O Leo, incribles. Guezos e DKTC ben, moi ben, no escenario grande. Los Mighty Calacas, mestres do rock...e grande sorpresa, The Booze. Folk-Rock contundente de comezo a fin...iso si, que alguén lles diga a vindeira vez antes de subir ao escenario que están na Galiza. 

{artsexylightbox picasaUser="gzmusicaweb" picasaAlbum="Revenidas2012Venres"}{/artsexylightbox} 


2 días de concertos, 13 bandas sobre os escenarios, 60 voluntarios/as, 600 camisolas, 3.000 racións de sardiñas, zona de acampada para 800 tendas, 15 euros o bono para os 2 días e unha sorpresa montada nun Avia...Chega a fin de semana das Revenidas e GZmúsica estará alí. Neste artigo tedes toda a info precisa para coñecer o que se está a argallar para mañá, sexta feira, e pasado, sábado, en Vilaxoán de Arousa. Música, solidariedade, gastronomía e bo ambiente á beira do mar da Arousa.

Vindeiros concertos

811304409_2294471158032466_5850236406160331118_n.jpg }25 Out 2026
A Pedreira + Beautify Junkyards
Teatro Colón - A Coruña
828392525_1507169507838680_1591961306741483531_n.jpg }25 Out 2026
Anxo Araújo
Krazzy Kray! - Cambados
834360154_1753198923476594_7467849745056626010_n.jpg }25 Out 2026
10:00AM -
VII O Son da Gaita
Pazo Besada - Poio
825292512_1403439681947818_5337116742516565110_n.jpg }25 Out 2026
12:00PM -
Mercado de Artesanía e Produto Local
A Arca da Noe - Vilar de Santos
825325247_17888000316682326_1337381658359308050_n.jpg }25 Out 2026
07:00PM -
As Darbukas Dacolá
O Adro - Cangas
825328425_1849953423408606_2192198202431545320_n.jpg }25 Out 2026
08:00PM -
Sumrrá
Casa das Crechas - Santiago de Compostela
839157800_18348525814268419_3961946061528077243_n.jpg }28 Out 2026
10:00PM -
Banda das Crechas
Casa das Crechas - Santiago de Compostela
703131652_18531464947075076_602153652775660309_n.jpg }30 Out 2026
XXI Castañazo Rock
Chantada
830436858_1724598499675369_1681460389390176096_n.jpg }30 Out 2026
06:00PM -
Pakolas
Biblioteca Municipal - Ordes
825325247_17888000316682326_1337381658359308050_n.jpg }30 Out 2026
10:00PM -
Lacón sin Jrelos + Satenta + Youcanthide
O Adro - Cangas