Festivais


Apenas quedan 4 días para que comece o Festival da Candeloria 2017. Desde o venres ás 20h, cos Falperrys erguendo o pano desta edición, até o sábado ás 4 da mañá, cando Inoperantes DJS collan o relevo de Ruxe Ruxe e armen a fin da festa, unha fin de semana intensa e con moita música en Lugo. Ah! E por riba, con bo tempo. Entérate de todo o que vai haber na Candeloria neste artigo.

Continúa o acoso da Garda Civil aos colectivos que traballan pola cultura no Morrazo. O instituto armado español vén de presentar denuncia contra as organizadoras do Festival da Liberdade e responsables da AC A Tiradoura pola celebración na vila de Cangas do II Festival da Liberdade, os pasados 13, 14 e 15 de outubro.

Agosto remata e temos aínda un feixe de cousas que contarvos dos moitos festivais que visitamos nese mes. Comezamos polo principio, coa crónica e mais as fotos da primeira xornada do Festival de Pardiñas deste ano. Até aló foi o Lavesedo a botar unhas pesas coa música da Banda Crebinsky, Anxo Lorenzo Band, Rare Folk e Liviao de Marrao.

O mes de agosto adoita traer escollas complicadas. Marisquiño ou Castelo? Pardiñas, Zas ou SonRías? Nesas e noutras dúbidas existenciais debatémonos na redacción de GZmúsica a primeira fin de semana deste mes. Non nos dabamos posto de acordo así que optamos pola solución salomónica: Ti a Boston e eu a California, ou o que é o mesmo, andamos por Bueu e por Guitiriz gozando coas propostas -ben diferentes- que se ofrecía eses días. Primeira entrega, o SonRías. A viaxe do C. Gende até o Morrazo para vivir a edición do festival de Bueu e de paso atoparse co Xabicas, que fixo unhas fotazas como acostuma.

Hai agora exactamente un mes, andamos por Matamá para asistir ao Sons da Lameira. Festival de referencia na bisbarra viguesa, o evento organizado pola xente do colectivo Malaherba da parroquia de Matamá trouxo até o escenario da Lameira bandas galegas, portuguesas e españolas. Deixámosvos aquí crónica e fotos de Lavesedo.

O pasado venres 1 de xullo estivemos en Sabucedo, a gravar no Rapasons o que vai ser o cuarto programa desta 3ª temporada de GZmúsica TV. Volvía o festival de Sabucedo despois duns anos de parón, cun cartaz ben atractivo: Xabierz Díaz&Adufeiras, Sés, Ataque Escampe e Cuchufellos. Para alén de entrevistar as bandas e gravar un pouquiño tivemos tempo para bailar, comer churrasco a fartar e de paso tirar unhas fotiños -o Lavesedo- e facer esta pequena crónica -a S. Murias- do que por aló houbo. Pasen, lean...e miren!

Vindeiros concertos

746909343_1972001656781471_772066784898700608_n.jpg }22 Xul 2026
Apóstolo 2026
Santiago de Compostela
753663618_18441748894193518_4593060451265242323_n.jpg }24 Xul 2026
Festas de Santiago de Sargadelos
Sargadelos (Cervo)
749665296_1045464268240000_6836047754851507265_n.jpg }23 Xul 2026
Festas de Taragoña
Campo Maneiro - Taragoña (Rianxo)
752723784_2443712599441093_8920749392336009056_n.jpg }24 Xul 2026
Festas de Vilaño
Vilaño (A Laracha)
752893382_1036280302657376_2177222606620878482_n.jpg }24 Xul 2026
Festas do Santiaguiño Outes
Outes
740521832_1013279384780583_4038934281077140688_n.jpg }25 Xul 2026
Marola
Xardíns de Herrea - Ferrol
754278553_1716103612843430_6727359131038067171_n.jpg }24 Xul 2026
Morriña Fest
Porto da Coruña - A Coruña
730628634_1297496682589851_8490332913847867951_n.jpg }22 Xul 2026
V Mostra de Artesanía e Cultura Tradicional
Contorna do Palco da Música - Moaña
746808106_17985340848037914_242627173381165795_n.jpg }25 Xul 2026
X Feira 1900
Curtis
752937780_1041313805265652_5095347317321874142_n.jpg }25 Xul 2026
X Porrigalia
O Porriño