Festivais


GZmúsica enviou Unidade Móbil ao Derrame Rock. Lety GF estivo aló disparando a súa cámara para nos achegar dous centos de fotos que son un bo resumo do que aconteceu en Bemposta. Aquí tedes slideshows cunhas 10 fotos cada unha das bandas que foi ver a nosa reporteira.

O pasado 1 de Xuño celebrabase en Compostela o festival de percusión Bate Batuke. O lugar escollido nesta ocasión (debido a que cada vez é máis complicado conseguir un permiso para utilizar o espazo público na capital da Galiza, segundo o evento do que se trate e quen organice), era o antigo colexio de Castiñeiriño. Esta edición foi un pouquiño especial xa que a Asociación Cultural Tropico de Grelos, organizadora do evento cumple 10 anos. Aínda que o festival vaia polo quinto. Crónica, fotos e vídeo-resumo no interior.

Hoxe, arredor das doce da noite, en streaming en GZmusica.com e na TDT en Vía TV, chega o décimo Episodio de GZmúsica TV. Desta volta, a nosa equipa televisiva desprazouse até Bemposta para asistir ao Reperkusión 2013. Teredes ocasión de ver algunha das intervencións de bandas galegas no Reper e de escoitar as impresións de Moncho dos Skarallaos, dos Guezos, Lydia Botana ou Xosé Manuel Pereiro. Tamén, de coñecerdes que cousa é o Biofestival. E se o ano pasado atrevémonos cunha entrevista bosníaco-galega, no 2013 falamos en bretón.

Skarallaos foron os encargados de abrir a noite no escenario de pago do Reperkusión 2013, diante de máis de 3.000 persoas. Muguruza e Artistas del Gremio tamén pasaron polo palco do Reper nesta primeira xornada. Velaquí as fotos de Xabicas destas 3 bandas.


A temporada de festivais galegos comezou xa en febreiro co Taíña de Goián e tivo a súa segunda etapa o pasado 4 de maio en Salceda de Caselas. No sur do país estalaron os foguetes festivaleiros no tempo da invernía e logo han alagar o país, hoxe, mañá e pasado no Reperkusión e axiña na Rebusca. Antes de saírmos para o Reper deixámosvos crónica e fotos da VI Festa Treze-Catorze de Salceda. Ademais, esta noite, @s que quededes na casa poderedes ver o Episodio 9 de GZmúsica TV, con entrevistas e actuacións dos grupos que pasaron por Salceda.

Xa rematou a Festa da Chuvia 2013. Toda case toda a equipa de GZmúsica fomos até Ribeira o sábado 23 para nos embarcar no Barco da Chuvia. Montados nel, máis dun cento de persoas gozamos coa música da Magnifique Bande, O Leo, o Cé Orquestra Pantasma ou A Compañía e outras bandas de Ribeira como De botero a Bo Derek ou A rebanda. Temos fotos, vídeos e crónica deste festón, en canto nos pase o balanzo subímolo todo. Pero para abrir boca, un petisquiño: a promo do Episodio 5 de GZmúsica TV, que se emitirá o 5 de abril, dedicado en exclusiva á Festa da Chuvia.


{fcomments}

Vindeiros concertos

629887952_922793067093696_2978152928131370010_n.jpg }13 Mar 2026
Feira de San Gregorio
Pías, San Miguel de Tabagón (O Rosal)
631774271_18067625273639713_2601333531175422540_n.jpg }15 Mar 2026
06:30PM -
Mediarea
Sala Rebullón - O Rebullón, Tameiga (Mos)
641399394_1712552046382627_2996776090707352000_n.jpg }15 Mar 2026
06:30PM -
Tiruleque + Mediarea
Sala Rebullón - O Rebullón, Tameiga (Mos)
626265180_18344003845237107_3822632221090892619_n.jpg }15 Mar 2026
06:45PM -
Abril
Liceo de Noia - Noia
641392583_1638037884600162_7464545103731425896_n.jpg }15 Mar 2026
08:00PM -
Sumrrá
Casa das Crechas - Santiago de Compostela
633990022_935097025533435_1711444395104678255_n.jpg }20 Mar 2026
XVI Foliada Furancheira
A Picoña (Salceda de Caselas)
629990109_1561994062595231_2730103013841450704_n.jpg }21 Mar 2026
II Serán de Negradas
Campo da Festa - Negradas (O Vicedo)
632598819_1497408745718092_846618948208536982_n.jpg }21 Mar 2026
Os Sibailas
Gruta 77 - Madrid (España)
617123823_1479713297489458_2005070251506764659_n.jpg }21 Mar 2026
X Estremonía Cantada
Sarria
633990022_935097025533435_1711444395104678255_n.jpg }20 Mar 2026
XVI Foliada Furancheira
A Picoña (Salceda de Caselas)