A nosa reporteira máis arriscada manda crónica do pioneiro dos festivais reggae do país. O Foundation Reggae Fest, que chega á súa duodécima edición con novo emprazamento e cobrando por vez primeira entrada, condición indispensábel para garantir a súa supervivencia. Aquí tedes o que nos pareceu o festival, ademais dun bo feixe de fotos.
A vila portuguesa de Vila Nova de Creveira, acolleu o 14 e 15 de setembro, por terceiro ano consecutivo o festival Minho Reggae Splash, un evento onde se respira respecto e boa convivencia en todos os espazos verdes que ofrece a vila. Así o viviu a nosa correspondente.
Ler máis: Cronica do III Festival Internacional Minho Reggae Splash 2012
Balboa é un dos concellos do Bierzo onde se fala galego. Esta zona dos Ancares leoneses, para alén das arquetípicas pallozas, conta con varios festivais de música galega, o ReggaeBoa, o Balboa Jazz Festival,...contará este verán cun festival máis. Trátase do “Vibra Balboa”, un evento completamente autoxestionado que terá lugar esta fin de semana do 31 de agosto e 1 de setembro.
Volve o Rebumbio cheo de música e diversión, como eles din: "para quitarnos de enriba o pesadelo da crise, ou polo menos para esquecela durante uns días. Porque loita si, pero festa tamén, faremos que o Rebullón acabe coas patas do revés." Nós iremos comprobalo!
O pasado sábado 18 de agosto celebrouse a 13ª edición da Festa Folc de Vilariño. A praia desta aldea do Hío, no Morrazo, volveu reunir milleiros de persoas a bailar ao son da música do país. Estivemos aló, todo o equipo de GZmúsica. Algúns traballando, outros de troula. Non nos quedaba outra, xa que todas e todos os que dalgún xeito colaboramos nesta web somos do Morrazo e temos un vencello con este festival. Así que se agardas atopar unha crítica obxectiva, fría e sintética, non sigas a ler. Se queres botarlle unha ollada ás fotos do Xabicas e ler un pouco como nós vivimos o festival, continúa!
E
stivemos esta fin de semana na nosa aldea, en Vilariño, gravando a 13ª edición da Festa Folc. Aquí tedes un petisquiño do que pasou polo escenario, a xeito de avance. Ao longo dos seguintes días, iremos subindo máis cousas, pero é que aínda nos estamos a recuperar... Vilariño tropical!!
}22 Xul 2026Apóstolo 2026 Santiago de Compostela |
}26 Xul 2026Festas de Santa Ana e San Xoaquín A Lama |
}24 Xul 2026Festas de Vilaño Vilaño (A Laracha) |
}27 Xul 202609:00PM - Festival Internacional de Coruxo Campo do Vao - O Vao, Coruxo (Vigo) |
}27 Xul 202609:00PM - Terapia de Grupo Rúa dos Viños - Portonovo, Adina (Sanxenxo) |
}22 Xul 2026Apóstolo 2026 Santiago de Compostela |
}28 Xul 2026XVIII Cancións dos Nosos Barrios Finca de San Roque - Vigo |
}22 Xul 2026Apóstolo 2026 Santiago de Compostela |
}28 Xul 2026XVIII Cancións dos Nosos Barrios Finca de San Roque - Vigo |
}22 Xul 2026Apóstolo 2026 Santiago de Compostela |