Grupos

Machina volve ter novo material, accesible ademais na rede, despois do 'Ensaio sobre o silencio' do pasado ano. Os de Cerceda presentan 'A Síndrome de Nerón', un EP de 5 temas cuns Machina con máis guitarra e máis raiba, que agacha varios temazos no seu interior. Máis hardcore e menos melódico ou isto foi o que nos pareceu a nós o novo traballo, que  podes escoitar no interior do artigo.


Cando aínda faltan uns días para que remate o prazo de inscricións, -o 20 de outubro é a data límite-, as 13 categorías dos Premios da Música Galega "Martín Códax" están a ter unha inmpresionante acollida entre as e os músicos do país. Case 400 formacións xa formalizaron a súa inscrición nestes premios que buscan visibilizar a música de calidade que se fai na Galiza. Desde GZmúsica apoiamos a iniciativa xurdida na Asociación Galega de Músicos ao Vivo e irémosvos achegando información de como se vai desenvolvendo a primeira edición dos "Martín Códax".

A editorial Kalandraka apresenta un novo libro-disco dedicado ao público infantil. Trátase de Pan de millo, unha creación de Migallas Teatro que anima a cantar e a bailar a toda a familia. Ilustrado por Dani Padrón, con colaboracións de prestixiosos músicos galegos. Temas cotiás e ritmos diversos para practicar o xogo e a expresión dramática, recuperar a memoria dos maiores e potenciar o galego nas crianzas.

O pasado luns 30 de setembro, Nao presentou na Nave de Vidán compostelá o segundo videoclip, -despois de Heroes da Resistencia, que leva xa máis de 10 000 reproducións-, tirado do que é o seu último traballo, Cancións de Amor e Liberdade. Aquí o está!

O vindeiro domingo día 6 de outubro os grandes músicos e bailadores/as do grupo Pesdelán farannos mover os pés na pontevedresa Illa do Covo ao tempo que nos divertimos sen importar a idade, condición física ou experiencia que teñamos. Este proxecto cultural, de enorme éxito desde a súa creación, chega á cidade do Lérez para nos amosar outra perspectiva á hora de asistirmos a un espectáculo. Ademais de escoitar, poderá participar nel, con entrada de balde e por partida dobre.

Machina anuncia a publicación do seu próximo traballo  "A Síndrome de Nerón" para o vindeiro mes de Outubro.

Desta volta, a banda de Cerceda anuncia a publicación do novo traballo, "a nova fornada" cunha orixinal foto panorámica nun obradoiro de panadería que convida  á exploración e á participación nun curioso concurso.

O novo traballo de Machina foi gravado nos estudos Pousada Son de Ames co productor Iago Pico.




AO VIVO