Concertos

O pasado domingo 16 de setembro, o Aturuxo de Bueu foi a segunda paraxe da Xira Bruta. Martelo, un trío de rock galego de nova factura, presentábase diante da parroquia roqueira do Morrazo. Convenceron cunha proposta de calidade que trae arrecendos diversos ao rock americano de distintas épocas. GZmúsica estivo aló. Aquí vos deixamos vídeos e fotos do concerto.

Cada vez é máis común que os festivais galegos programen algún tipo de actividade entre grupos e grupo. Ou ben montan dous escenarios, -como fixo por exemplo As Revenidas-, ou ben no propio escenario, -ás veces, até a pé de palco-, fan oco para actuacións sinxelas e irreverentes. Coma por exemplo, Arremecághona's produsións. É habitual ver o crecente número de Alter Egos do Leo de Matamá nas festas do país. E este ano estiveron entre outras na Festa Folc de Vilariño. Aquí vos deixamos os vídeos íntegros da súa intervención.

Xa pode chover ou ventar en pleno verán, que a factoría Borneira non ten paraxe. A última incursión festivaleira para GZmúsica levounos até o SonRías Baixas o pasado venres 3 de agosto. Velaquí o primeiro vídeo, La Pegatina...Estiveches bailándolle a rumba? Pois búscate no vídeo, que o mesmo saes!


Os hostaleiros da Quintana organizan un concerto o vindeiro día 27 de xullo, con Budiño e Kepa Junkera encabezando o cartaz. Ademais deles dous, Vaamonde, Lamas&Romero, O Fiadeiro, Uxía e Astarot completarán unha noite centrada na música galega. Os concertos comezarán ás 21:00h e a entrada custará 6€. Parte da recadación irá destinada a loita contra o cancro. 

Aquí vos queda un vídeo do primeiro concerto da xira de verán dos Astarot, a pasada semana en Muimenta.


O venres 22 de xuño, Compostela foi escenario dunha das citas musicais senlleiras do ano. E non foi o bolo de Björk na Cidade da Cultura. A islandesa cumpriu o frío guión e os fans gustaron. Mais o que realmente fervía na cidade era a praza de Santo Agostiño. Alí mora O Leo e na súa casa reuníu unha trintena de amigxs e gravou o seu terceiro traballo para abraio de veciñanza e turistas. GZmúsica estivo aló...gravando desde o poleiro.


O pasado venres 1 de xuño, estiveron pola banda de Marín Xosé Luis Rivas e Baldomero Iglesias. Mini e Mero. Os músicos chairegos, fundadores de Fuxan os Ventos e A Quenlla, falaron na vila do Morrazo de música, tradición, lingua e poesía. E botaron man do seu repertorio para acompañar as súas palabras. Deixámosvos aquí o seu Irmán, nun vídeo gravado por XoánArcodaVella. Se queres ver máis vídeos do recital, vai a súa conta de youtube.


Domingo 27 de maio, volvemos ao Aturuxo. Desta volta, visitaban a sala de Bueu os Zurrumalla.A banda, formada contra o ano 2000, mantén desde os seus comezos o gusto pola música tradicional. Nomeadamente, pola vertente máis festeira do repertorio da nosa tradición, que é tamén a cerna do seu novo disco.


A semana musical comezou xa o pasado mércores 16 de maio. Había varias opcións interesantes, mais GZmúsica escolleu a visita da Compañía do Ruído ao Aturuxo de Bueu. Os do Barbanza andan a armar de volta unha formación poderosa que promete dar tralla no verán. Viñeron presentar o seu último traballo, que podes escoitar no interior do artigo.

Vindeiros concertos

795663354_10246232162647843_8696830435274065083_n.jpg }24 Out 2026
Hugo Guezeta
Sala Capitol - Santiago de Compostela
832896718_18115728389092036_3454160212033361874_n.jpg }24 Out 2026
Minguante
O Xandoneto - As Neves
840809026_28711085741867270_7028194588712960272_n.jpg }24 Out 2026
01:00PM -
VI Foliada e Cantos de Taberna de Taboada
Taboada
825271574_1370119861532417_3017303303335931565_n.jpg }24 Out 2026
05:00PM -
As San Lucas. Terras de Encontro
Mondoñedo
830632125_18134977579630147_7693089141231421728_n.jpg }24 Out 2026
05:00PM -
Pasabodeghas
San Miguel de Sarandón (Vedra)
836334423_1074770502029218_2588016385055379423_n.jpg }24 Out 2026
05:00PM -
XVII Foliada da Mariña
Praza do Concello - Xove
830436858_1724598499675369_1681460389390176096_n.jpg }24 Out 2026
06:00PM -
Pakolas
Biblioteca Municipal - As Pontes
792408397_28250828677890501_6389619091779715764_n.jpg }24 Out 2026
07:00PM -
XIV Ruada de Teixeiro
Praza do Pobo - Teixeiro, Curtis (Curtis)
792408397_28250828677890501_6389619091779715764_n.jpg }24 Out 2026
07:00PM -
XIV Ruada de Teixeiro
Praza do Pobo - Teixeiro, Curtis (Curtis)
841084073_18080460158709235_4012768790645538583_n.jpg }24 Out 2026
07:00PM -
Voces e Cordas nunha Tarde de Outono
Local Social Liga de Amigos de Barallobre - Barallobre (Fene)