Concertos

Dicíano eles mesmos: levabamos un tempiño sen tocar e había moitas ganas de facelo. Despois duns mesiños parados, Quempallou volveron tocar ao vivo e o lugar do retorno foi a Regueifa, na zona vella de Vigo. Vídeos do concerto no interior.

O pasado sábado 22 de decembro, a Sala Capitol de Compostela acolleu a presentación dos Discos da Máquina. Un novo proxecto creado entre tres bandas compostelás, -Ataque Escampe, DasKapital e a Magnifique Band-, co obxectivo de aunar esforzos na edición e distribución da súa música. Un concerto das tres formacións foi a estrea da nova discográfica e até aló se desprazou a unidade móbil de GZmúsica. Falamos con eles e gravamos algúns dos temas das súas actuacións. Bótalle unha ollada!

Aínda nos treme o corpo do festival que vivimos esta fin de semana en Cangas! Éxito de venres a domingo nas 3 xornadas do Festival Furtivo, con grande afluencia de público na xornada central do sábado, na que o importe íntegro da recadación das entradas foi para ADICAM, a Asociación de Diagnosticad@s de cancro de mama do Morrazo. Temos moito material: fotos, vídeos, crónicas dos concertos, etc. Irémolo subindo todo ao longo da semana, pero non podiamos deixar de comezar pola Terbutalina. A banda do Barbanza sorprendeu moito en Cangas, e tanto a xente nova coma a esixente lexión de roqueiros veteráns da comarca que pasaron polo recinto. Aquí tedes entrevista e algún tema do seu directo, xulgade vós! 

Hoxe venres comeza en Cangas a V edición do Festival Furtivo, este ano solidario coa asociación ADICAM de Diagnosticad@s de cancro de mama, que recibirá o total do recadado coas entradas, que custan 5€ na noite do sábado. Pola carpa instalada detrás da casa do concello de Cangas pasarán esa noite os Ludovaina, -grupo tradicional da comarca que xa participou este ano na Festa Folc de Vilariño-, os Tres Trebóns+Homes sen Medo, Terbutalina e The Skarnivals. Porén, o concerto acústico dos Skarallaos o venres 7 e a actuación do Cé Orquestra Pantasma o domingo na sesión vermú son de balde.

 

Aquí vos queda o libro do Festival, con información sobre as actividades dos 3 días e tamén sobre ADICAM, realizado por O Busaco Servizos Editoriais

[issuu width=570 height=400 embedBackground=%23000000 backgroundColor=%23222222 documentId=121207011803-db34abfd1c1944f483c7d7becf6ac108 name=festivalfurtivo username=lavesedo tag=cangas unit=px v=1]


O pasado sábado 17 de novembro, o Recinto Feiral de Pontevedra acolleu o concerto homenaxe ao Voluntariado do Prestige. 10 anos despois da traxedia que enchoupou en chapapote rochas, fondos mariños e corazóns, organizouse esta homenaxe en Pontevedra desde a Asociación pola defensa da Ría de Pontevedra, un dos colectivos integrantes de Nunca Máis.

Un petisco do directo de Machina no C.S. O Froxel o domingo 4 de Novembro do 2012. A súa actuación encádrase dentro da programción dos Circuítos Arteixoven 2012. Aquí tedes a colaboración de Xenderal no tema "Fodida vocación".

Pasaron algo máis de 5 meses do concerto presentación do disco "Vaise armar" no Mesón do Bento. E o pasado venres 12 de outubro voltamos trasladarnos á provincia da Coruña para asistir a un dos concertos desta xira, na que seguen embarcados os Zënzar. Desta vez collemos a furgo ata Laracha, para acudir ao Pub D´Antón e gozar con estes cercedenses.

Esta pasada fin de semana estivemos na Laracha mirando os Zënzar e en Vigo, na Homenaxe a Fito. Axiña subiremos as crónicas destes concertos. Aquí vos queda un petisco, Xurxo Souto e Brais Maceiras botándolle Berbés no Auditorio Mar de Vigo na Homenaxe a Fito.



Vindeiros concertos

P_Suceso_1453917424851_1099934327828_1200_1280_U_9b374457fd8c764d6b6517d7810257f.png }14 Mai 2026
A Festa das Letras
A Coruña
626278513_18344101579237107_7652831850050692149_n.jpg }16 Mai 2026
Antía Muíño
Cooperativa Itaca - Murcia (España)
Ascension2026ImaxePantalla1920x1080.jpg }12 Mai 2026
Festas da Ascensión
Santiago de Compostela
693232967_1716660089770413_7153716476023393166_n.jpg }15 Mai 2026
Festas de Santo Estevo
Roupar (Xermade)
693578928_1548322033962653_7769365144537080001_n.jpg }16 Mai 2026
IX Romaría da Rebullón
Sala Rebullón - O Rebullón, Tameiga (Mos)
685380314_18577673617046521_564534286464712176_n.jpg }15 Mai 2026
LII Festa do Salmón
A Estrada
689014252_1416250317207370_2901001504816177008_n.jpg }16 Mai 2026
Letras Galegas 2026 Nigrán
Nigrán
687043209_10162796495950913_6676876829898180908_n.jpg }16 Mai 2026
Romaría das Flores
Parque de Belvís - Santiago de Compostela
692699724_1549493643845492_8626084637515698780_n.jpg }12 Mai 2026
X Miúdo Fest
Sala Rebullón - O Rebullón, Tameiga (Mos)
671172404_18317200660261994_6346508093772852958_n.jpg }16 Mai 2026
XX Festival Folcórico San Cidre
Vila de Cruces
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.