A banda estradense Esquíos vén de colgar na rede o seu
primeiro disco ao vivo, que non é outro que o concerto que co gallo da
presentación do seu CD/LP "Galician carraxe on garaxe". Foi o 19 de
maio na Sala Capitol de Compostela no ano 2010, e o concerto foi gravado e
emitido en directo pola Radio Galega Música a través do programa
Planeta Furancho. Podes descargar o disco no interior do artigo.
A banda compostelá estreou hai uns días o seu novo traballo na Sala Capitol de Compostela, dentro do concerto presentación dos Discos da Máquina, como xa vos contamos en GZmúsica. Apenas 48 horas despois o traballo xa estaba dispoñible para ser ouvido e descargado no bandcamp do grupo, na liña que as Ataque Escampe marcan desde o seu comezo de apostar polo Creative Commons e de entenderen que a propiedade intelectual (entre outras) é un roubo. Os creadores do rock de serie B transitan neste EP polo cálido e efémero universo das verbenas. Atrévase a pasar unha Noite de agosto con Ataque Escampe.
Ler máis: Escoita e Descarga o novo traballo de Ataque Escampe
O pasado martes 18 de decembro presentouse ao vivo o disco de Sérgio Tannus, Son Brasilego, no Teatro Principal de Compostela. O traballo foi financiado a través da plataforma Verkami e contou coa colaboración de Uxía, António Zambujo, João Afonso, Ugia Pedreira, Narf, Xabier Díaz ou Carlos do Carmo entre moitos outros. Sérgio Tannus é brasileiro, mais vive en Compostela desde hai 6 anos. Agora estrea disco, son brasileiro amolecido pola chuva do país.
A LNB quer nos agasallar neste Nadal. E para iso vén de anunciar no Varal que os dous discos do República Billarda estrean bandcamp, para podérmolos escoitar a calquera hora e desde calquera lugar, con acceso á rede, claro. Escoita os temas que Narf, Projecto Mourente, Galegoz, Ulträqäns ou Zimmer103 crearon para o disco duplo do colectivo billardeiro en GZmúsica.
Despois de dous anos de traballo, o cuarteto compostelán lanza o seu primeiro álbum. En xaneiro deste ano xa sacaran un pequeno adianto, Apocalypse Não, que marcaba as súas liñas mestras: Grunge e postpunk. Agora publican 42 e fano amodiño, subindo desde a pasada semana cada día un novo tema ao seu bandcamp. Escoita o que levan subido xa do disco no interior e opina!
A Familia Caamagno demostra que tamén ten o seu corazonciño e déixanos un par de temas de indubidábel arrecendo a Nadal...Ben, do Nadal tal e como o entende unha familia de mafiosos que fai rock'n'roll.
Os temas foron gravados no Estudio A Ponte de Tomás Ageitos o 1 de decembro e mesturados polo Doutor Chou. Se che van andar a amolar seguido co soniquete das panxoliñas nestas festas xa tes con que contraatacar...
O Sadomusiquismo é a forma de obtención do pracer mediante o sufrimento de ter que facer o ridículo en público. E os máximos seguidores desta perversión sexual corrente filosófica son unha troupe creada terradentro, no triángulo máxico do entroido do país. Os Festicultores levan anos entre nós, espallando irreverencia a ritmo dos balcáns polos festivais do país. E agora, decidiron sacar un disco que recolle algún dos seus clásicos e mais unha decena de temas novos.
Ler máis: A festa dolorosamente pracenteira dos Festicultores
Disenso é o primeiro LP desta formación de Ogrobe que di facer o que lle peta. E isto é un rock escuro e inocente, de arrecendo americano, do que xa nos teñen deixado mostras ao vivo e nos seus anteriores traballos, EPs, splits ou colaboracións diversas. Escoita íntegro o novo disco dos Telephones Rouges no interior do artigo.
Se estes días espertades cunha cabeza de cabalo na cama ou chega á vosa caixa do correo un sobre cunha bala no interior, non teñades medo. É que estamos na semana mafiosa. A Familia Caamagno leva tempo desprazada desde a luminosa Reggio di Calabria até o noso país para nos obrigar a bailar nos seus concertos. Agora, dan un paso máis e sacan o seu primeiro traballo, para nos facer bailar tamén nas casas. Escóitao no interior!
O selo Vir presenta o primeiro traballo discográfico en solitario de Óscar Ibáñez, Alén do Mar. Neste disco o gaiteiro e frautista pontevedrés invítanos a unha viaxe sonora que discorre polo Atlántico, a través dunha selección de melodías galegas e latinoamericanas enriquecidas con elementos propios da música celta. Mestizaxe baseada na achega musical da emigración galega a Sudamérica no século XX.
}24 Ago 2026Castelo Conta Castelo (Culleredo) |
}25 Ago 2026Festas de San Bartolomeu |
}21 Ago 2026Festas do Cristo 2026 Cangas |
}26 Ago 202607:00PM - As Tareixas Biblioteca Pública Municipal - Ponte Caldelas |
}27 Ago 2026Arredas Folk Fest Tregosa, Barcelos (Portugal) |
}24 Ago 2026Castelo Conta Castelo (Culleredo) |
}21 Ago 2026Festas do Cristo 2026 Cangas |
}27 Ago 202607:30PM - Belém Tajes Camping Lago-Mar - Muxía |
}27 Ago 202608:00PM - Uxía e Invitadas Rúa Charco, 33 - A Illa de Arousa |
}27 Ago 202608:30PM - Do Roxo Presbiçian Sala Rebullón - O Rebullón, Tameiga (Mos) |