Festivais


Seguimos a vos presentar vídeos da edición deste ano do SonRías Baixas. Agora, á quenda das colaboracións de La Pegatina: Xurxo Souto e Lydia Botana ao acordeón, interpretando o Gaiteiro dos Diplomáticos.

A Asociación A Xesteira presenta un ano máis, e xa van 17, o cartel do Festival As Nosas Músicas que se celebrará en Couso (no concello da Estrada, en Pontevedra) o próximo 14 de agosto.

Dentro do seu programa haberá obradoiros, actividades para nenos, mozos e non tan mozos, ruada, concertos e moitas sorpresas. Actividades para todos durante todo o día, toda a noite e ata ben entrado o día.


Agora si! (E sen tempo non era...) aquí vos traemos os vídeos todos do segundo día de concertos no Festival Antros Pinos de Taragoña. Matraquillada, entrevistas a grupos e concertos da noite. Disfrutai, ho!!


Fotos do Xabicas das bandas que pasaron por esta edición do Son Rías Baixas de Bueu. 99 instantáneas que resumen á perfección o que alí aconteceu a primeira fin de semana de agosto. 


Aquí tedes os vídeos dos concertos do venres 27 de xullo no Antros Pinos V, en Taragoña. Esta parroquia do Barbanza acolleu na última fin de semana de xullo a quinta edición do FAP, un festival que se consolida desde a autoxestión entre as citas importantes do circuíto galego de festivais. Arredor de 4.000 persoas pasaron polo recinto e gozaron con dous días de música, natureza e matraquillos. Neste artigo presentámosvos uns pequenos resumos dos grupos que actuaron o venres. Axiña subiremos todos os vídeos do sábado, estade atent@s!

Fin de semana brutal con toda a xeografía galega inzada de festivais. Era complexo escoller onde ir, pero ao final decidímonos por ir ao Son Rías Baixas de Bueu, ao Castelo Rock de Muros e mais a Pardiñas. Quedaron fóra da ollada de GZmúsica cousas ben interesantes coma a Festa da Carballeira de Zas. Porén, estade atent@s ao noso facebook estes días. Tentaremos atopar pola rede as mellores fotos e os mellores vídeos deses festivais aos que non chegamos. Iso si, imos encetar o repaso por aqueles festis aos que si fomos. O primeiro, o Castelo Rock de Muros.

Vindeiros concertos

811304409_2294471158032466_5850236406160331118_n.jpg }25 Out 2026
A Pedreira + Beautify Junkyards
Teatro Colón - A Coruña
828392525_1507169507838680_1591961306741483531_n.jpg }25 Out 2026
Anxo Araújo
Krazzy Kray! - Cambados
834360154_1753198923476594_7467849745056626010_n.jpg }25 Out 2026
10:00AM -
VII O Son da Gaita
Pazo Besada - Poio
825292512_1403439681947818_5337116742516565110_n.jpg }25 Out 2026
12:00PM -
Mercado de Artesanía e Produto Local
A Arca da Noe - Vilar de Santos
825325247_17888000316682326_1337381658359308050_n.jpg }25 Out 2026
07:00PM -
As Darbukas Dacolá
O Adro - Cangas
825328425_1849953423408606_2192198202431545320_n.jpg }25 Out 2026
08:00PM -
Sumrrá
Casa das Crechas - Santiago de Compostela
839157800_18348525814268419_3961946061528077243_n.jpg }28 Out 2026
10:00PM -
Banda das Crechas
Casa das Crechas - Santiago de Compostela
703131652_18531464947075076_602153652775660309_n.jpg }30 Out 2026
XXI Castañazo Rock
Chantada
830436858_1724598499675369_1681460389390176096_n.jpg }30 Out 2026
06:00PM -
Pakolas
Biblioteca Municipal - Ordes
825325247_17888000316682326_1337381658359308050_n.jpg }30 Out 2026
10:00PM -
Lacón sin Jrelos + Satenta + Youcanthide
O Adro - Cangas