Festivais


Os d'Abaixo comezan unha campaña de concienciación cidadá para que a música galega estea presente en todas as festas do país. Formulan unha serie de medidas a realizar entre músic@s, programador@s e cidadanía en xeral para traballar en colocar de volta a música galega no sitio que merece en todos os torreiros das festas. A páxina que abriron no Facebook para publicitar a campaña superou as mil cincocentas adhesións en apenas 24 horas. Le aquí o comunicado colgado nas redes sociais.

A finais de outubro a nosa flamante correspondente compostelá andou polo Womex. A meirande feira musical europea recalou este ano na Galiza e por alí pasaron moitísimas propostas, interesantes algunhas e exóticas a maioría, normalmente moi complicadas de atopar no noso país. Aquí vos queda un resumo en vídeo e unhas fotos, da man de Lety GF, do que máis lle chistou a ela desta edición galega do Womex.

A primeira fin de semana de setembro celebrouse en Valboa, no Bierzo, o Vibra Balboa 2014. 4 días de convivencia, na marabillosa aldea berciá, con moita música, obradoiros, espectáculos de todo tipo e a sensación de acougo que dá parar uns días a carreira tola en que andamos decote para se misturar co ambiente. Aquí vos queda un vídeo resumo e un bo feixe de fotos de Lety GF, que andou por aló.

A Asociación Cultural O Castañazo de Chantada fai pública unha carta dirixida a todos os colectivos e asociacións que organizan Concursos de Cantos de Taberna no país. Os organizadores do Castañazo Rock formulan a posibilidade da creación dunha Liga Galega de Cantos de Taberna. Trátase dunha proposta aberta, un convite ao diálogo co obxectivo de poder artellar esa Liga de cantos tabernarios.

Despois dun verán tolo, gravando, tirando fotos, bailando e festexando polo país adiante, retomamos de vez o traballo na web. E recuperamos cousas que foron quedando atrás, como este estupendo vídeo resumo de Carlos Gende e Lety GF do festival de Pardiñas. Tamén estivemos por alí gravando un programa de GZmúsica TV, que se está a emitir estes días en varias teles locais e que axiña, como o resto de programas, estará dispoñible na rede. Mais estoutro vídeo de Gende e Lety achégase máis de perto ao espírito de Pardiñas e convértese nunha boa maneira de cando menos albiscar todo o que implica este festival, que vai moito máis alá da música.

O Festival Reperkusión 2014 xa é historia. Mudanza de datas -de maio a xullo- mais non de emprazamento para un Reper que se vai afacendo á Bemposta e que sobreviviu mellor do esperado á calor do mes de Santiago nas terras de Ourense. A terceira presenza consecutiva de Manu Chao en Bemposta -a mellor para moit@s- e as bandas do país foron o máis destacado dunha edición que transcorreu cun pouquiño menos de público no seu primeiro día pero que volveu encher o recinto da Cidade dos Muchachos o sábado. Demostrando que terceiras partes poden ser boas.

Vindeiros concertos

703633301_1527974165791048_313141901238822788_n.jpg }29 Mai 2026
53 Día da Muiñeira
Pontevedra
706704523_18120745609664549_6626468427366386678_n.jpg }30 Mai 2026
Ailá
Mercado Gandeiro - Chantada
656873453_936502832086705_5892457802773672080_n.jpg }30 Mai 2026
Festa do Boi
Allariz
702487412_1402242221941733_7935464418755134823_n.jpg }29 Mai 2026
Festa do Peixe
Bande
687310324_18548013601070909_4463986619110314399_n.jpg }29 Mai 2026
IX Romaría Celtista
A Estrada
694995513_122211572666291968_6527436909676690068_n.jpg }29 Mai 2026
Incode Fest III
Alameda de Pontevedra - Pontevedra
706134511_1381686480651543_3123029993361332245_n.jpg }30 Mai 2026
LVIII Festa da Troita
Ponte Caldelas
702470650_1000673312822110_7827095492961096219_n.jpg }29 Mai 2026
Romería Popular do Corpus
Bulso (Sober)
707750408_1607761754691211_7557544335513245627_n.jpg }29 Mai 2026
VIII Cantos de Taberna de Pontedeume
Pontedeume
Cartel-Feira-da-Empanada-das-Nogais-26-600x847.jpg }30 Mai 2026
XIX Feira da Empanada e Outros Produtos dos Ancares
As Nogais