Festivais


Zona da Zanfona, o festival internacional organizado por aCentral Folque cumpre 10 anos. Esta décima edición celebrase en Rianxo entre o 4 e o 6 de abril, mais xa desde este venres 28 de marzo a exposición "Trebellos de manivela" pode ser visitada no Auditorio da vila do Barbanza. Música ao vivo, cursos ou actividades para a rapazada completan o programa desta 10ª Zona da Zanfona.

A nosa reporteira festivaleira non ten paraxe! Despois de andar de troula por Chantada a comezos de mes, achegouse até o Vento Rock a pasada fin de semana. Unha outra cita festivaleira pola que pasaron entre outros Liska! e Trapos Sucios. Vento Rock 2013: Crónica e fotos de Lety GF para GZmúsica.


Alá van xa vinte días da úndecima edición do Castañazo Rock. Até Chantada, desprazámonos case toda a equipa que fai GZmúsica, para gozar cunha das festas senlleiras da música galega. Ademais, este ano celebrábase o primeiro aniversario da FEGAFE, e xa o venres houbo unha previa no Besto Bravo de Chantada, cos Maskarpone póndolle música ao aniversario da Federación de Festivais. Velaquí tes unha ampla reportaxe con vídeos e fotografías, -aínda non publicadas-, e a crónica de Lety GF do que deu de si este ano a fin de semana do Castañazo.

Seguimos tentando poñernos ao día co traballo que nos quedou atrasado! Tamén o pasado mes de setembro nos achegamos até o Espazo Fortaleza de Goián, ao festival Minho Reggae. Había que comezar o mes con boas vibracións, máis o adiantalo unha semana respecto a edición anterior, fomos un pouco de rebote a última hora. Os videos xa volos amosamos vai un tempo, mais agora deixámosvos unha crónica e mais dun cento de fotos.

O pasado 21 de setembro algúns gzmusiqueiros achegamonos ata Candeán a 3ª edición do festival Son das Mámoas. Hai uns días publicabamos un vídeo resumo das actividades de día do festival no apartado de vídeos desta mesma web. E aínda que sexa con un pouco de retraso aquí vos deixamos un cento de fotos e uns vídeos dalgunhas das actuacións.

Sábado 28, Ponteareas acolleu a segunda edición do FestiVal das Brétemas. Sesión vermú, treboada, labregos, inframundo e escándalo. Unha mestura poderosa que convidou á festa nunha carpa ateigada de xente malia as inclemencias meteorolóxicas. E para a ocasión, contamos por vez primeira cunha crónica do Cao e mais as fotos de Silvia Mella. 

Vindeiros concertos

746909343_1972001656781471_772066784898700608_n.jpg }22 Xul 2026
Apóstolo 2026
Santiago de Compostela
748883154_4604330733182515_8247800653868826378_n.jpg }28 Xul 2026
XVIII Cancións dos Nosos Barrios
Finca de San Roque - Vigo
753738690_1297333648938849_246015654542562405_n.jpg }28 Xul 2026
09:00PM -
Carolina Rubirosa
Casa da Cultura - Pontedeume
746909343_1972001656781471_772066784898700608_n.jpg }22 Xul 2026
Apóstolo 2026
Santiago de Compostela
748883154_4604330733182515_8247800653868826378_n.jpg }28 Xul 2026
XVIII Cancións dos Nosos Barrios
Finca de San Roque - Vigo
757969674_1556717099579551_7751686331216241062_n.jpg }29 Xul 2026
11:00PM -
Kasete + Carta Suicida
Pub Gatos - Melide
746909343_1972001656781471_772066784898700608_n.jpg }22 Xul 2026
Apóstolo 2026
Santiago de Compostela
727928137_1473912431207761_2204287500613810259_n.jpg }30 Xul 2026
Sheila Patricia
Cidade da Cultura - Santiago de Compostela
728556053_1482471319849609_2925896339376962008_n.jpg }30 Xul 2026
Sonrías Baixas
Bueu
748883154_4604330733182515_8247800653868826378_n.jpg }28 Xul 2026
XVIII Cancións dos Nosos Barrios
Finca de San Roque - Vigo