Festivais


Despois de nos tomar un par de semaniñas de relax, seguimos a subir á rede cousas que tiñamos por aí pendentes. Por exemplo, os vídeos da Festa Folc de Vilariño, que volveu ser unha xornada de festa sen pausa na aldea do Hío. Aquí vos queda o noso resumo, gravado por Adrián Van Alten e Xián Freire da actuación de PelePau, Kepa Junkera, Chotokoeu e Cuchufellos.

Xenderal e Lety GF foron o xoves 6 de agosto até o III Som do Trega. Eran unha das formacións que ían facer bailar a xente nesta terceira edición do festival organizado pola xente do C.S. O Fuscalho, mais tamén lles deu tempo de facer esta crónica para GZmúsica. Vídeo, fotos e texto para nos dar conta do ben que o saben montar no recanto suroeste do país.

Segue o verán, seguen os festivais. A nosa equipa festivaleira percorre o país na procura de festas e festis. O primeiro do mes de agosto achegámonos até Ponteareas para asistir á presentación da 4º edicion do Festival das Brétemas, e de paso encher o bandullo no Xantar-Presentación. Eis a crónica, as fotos e o vídeo de Lety GF

O pasado xoves 6 de agosto celebrouse a segunda edición do Rockin' Vila. Grande ambiente para ser xoves, mais o cartaz merecíao. Doen, Biribirlocke -aos que non chegamos mirar- mais Nao, Aspergillus e Terbutalina, todo de balde e todo grazas ao traballo da rapazada da vila, que leva un par de anos turrando por sacar adiante este festi. Até Vilanova de Arousa desprazouse a sección televisiva de GZmúsica e achéganos un feixe de vídeos para vos enterardes do que aconteceu na vila do Salnés. 

A pasada fin de semana os festivais multiplicáronse por todo o país. Nós andamos polo Festigal e o Antrospinos. Até este último festival foi o Cao de Mos -ademais de moitxs máis da grei festivaleira galega- e aquí vos deixamos a súa crónica dunha finde en Taragoña. Xa sabedes, xs que non fostes (coma moitas de nós) a rabear agora lendo que ben o montaron coma sempre os do FAP. 

Por vez primeira nos 3 anos de vida deste webzine achegámonos até o Festival PortAmérica. Alén do esquecemento conxénito da música -e do idioma- do país no festival, nunca tivo un cartaz moi atractivo para os nosos gustos. Porén este ano, a presenza de Calle 13 e Vetusta Morla nun mesmo día convenceu o máis hipster dos nosos reporteiros para se achegar até Porto do Molle e ver que se coce nun festi destas características, ben afastado dos que adoitamos cubrir neste webzine. Eis a súa experiencia.

Vindeiros concertos

729736789_1707565100190759_4225820741163368637_n.jpg }18 Set 2026
Somos Música
Pontevedra
729736789_1707565100190759_4225820741163368637_n.jpg }18 Set 2026
Somos Música
Pontevedra
784119368_1507223348114024_4281827792949270714_n.jpg }23 Set 2026
Festival da Maré
Santiago de Compostela
729736789_1707565100190759_4225820741163368637_n.jpg }18 Set 2026
Somos Música
Pontevedra
773186249_1811060946977365_8979404130184395708_n.jpg }24 Set 2026
Compostela Urban Fest
Campus Vida - Santiago de Compostela
784119368_1507223348114024_4281827792949270714_n.jpg }23 Set 2026
Festival da Maré
Santiago de Compostela
729736789_1707565100190759_4225820741163368637_n.jpg }18 Set 2026
Somos Música
Pontevedra
767130823_37587126890932161_805627178590826609_n.jpg }25 Set 2026
Festiblas 14
Club Clavicémbalo - Lugo
784119368_1507223348114024_4281827792949270714_n.jpg }23 Set 2026
Festival da Maré
Santiago de Compostela
729736789_1707565100190759_4225820741163368637_n.jpg }18 Set 2026
Somos Música
Pontevedra