Zona da Zanfona, o festival internacional organizado por aCentral Folque cumpre 10 anos. Esta décima edición celebrase en Rianxo entre o 4 e o 6 de abril, mais xa desde este venres 28 de marzo a exposición "Trebellos de manivela" pode ser visitada no Auditorio da vila do Barbanza. Música ao vivo, cursos ou actividades para a rapazada completan o programa desta 10ª Zona da Zanfona.
A nosa reporteira festivaleira non ten paraxe! Despois de andar de troula por Chantada a comezos de mes, achegouse até o Vento Rock a pasada fin de semana. Unha outra cita festivaleira pola que pasaron entre outros Liska! e Trapos Sucios. Vento Rock 2013: Crónica e fotos de Lety GF para GZmúsica.
Alá van xa vinte días da úndecima edición do Castañazo Rock. Até Chantada, desprazámonos case toda a equipa que fai GZmúsica, para gozar cunha das festas senlleiras da música galega. Ademais, este ano celebrábase o primeiro aniversario da FEGAFE, e xa o venres houbo unha previa no Besto Bravo de Chantada, cos Maskarpone póndolle música ao aniversario da Federación de Festivais. Velaquí tes unha ampla reportaxe con vídeos e fotografías, -aínda non publicadas-, e a crónica de Lety GF do que deu de si este ano a fin de semana do Castañazo.
Seguimos tentando poñernos ao día co traballo que nos quedou atrasado! Tamén o pasado mes de setembro nos achegamos até o Espazo Fortaleza de Goián, ao festival Minho Reggae. Había que comezar o mes con boas vibracións, máis o adiantalo unha semana respecto a edición anterior, fomos un pouco de rebote a última hora. Os videos xa volos amosamos vai un tempo, mais agora deixámosvos unha crónica e mais dun cento de fotos.
O pasado 21 de setembro algúns gzmusiqueiros achegamonos ata Candeán a 3ª edición do festival Son das Mámoas. Hai uns días publicabamos un vídeo resumo das actividades de día do festival no apartado de vídeos desta mesma web. E aínda que sexa con un pouco de retraso aquí vos deixamos un cento de fotos e uns vídeos dalgunhas das actuacións.
Sábado 28, Ponteareas acolleu a segunda edición do FestiVal das Brétemas. Sesión vermú, treboada, labregos, inframundo e escándalo. Unha mestura poderosa que convidou á festa nunha carpa ateigada de xente malia as inclemencias meteorolóxicas. E para a ocasión, contamos por vez primeira cunha crónica do Cao e mais as fotos de Silvia Mella.
}25 Nov 202610:00PM - Banda das Crechas Casa das Crechas - Santiago de Compostela |
}26 Nov 2026Culturgal Pazo da Cultura - Pontevedra |
}26 Nov 202608:30PM - As Cigarreiras Pazo da Cultura - Pontevedra |
}27 Nov 202622 Zona da Zanfona Arzúa |
}27 Nov 2026Carmela + L´Arannà Riquela Club - Santiago de Compostela |
}26 Nov 2026Culturgal Pazo da Cultura - Pontevedra |
}27 Nov 2026Pista Extra da Veiga Recinto Feiral - A Veiga (Asturies) |
}27 Nov 202607:30PM - A Banda da Loba Ula Libraría Social e Rural - A Serra de Outes, Outes (Outes) |
}27 Nov 202622 Zona da Zanfona Arzúa |
}26 Nov 2026Culturgal Pazo da Cultura - Pontevedra |