Festivais


A pasada fin de semana, a crew de GZmúsica traballou por partida dobre. Mentres uns estiveron en Bemposta, no Reper, outr@s foron até Baltar, na Pastoriza, para gozar coa novena edición do Festival da Chaira. Aquí tedes vídeo-resumo e fotos do que aconteceu no festival organizado pola Asociación Cultural A Chaínza.

Aínda co corpiño moído despois de 3 días de troula en Bemposta, achegámosvos as primeiras impresións da grande festa que foi o Reper 2014. E para comezar, sinalar que gostamos moito do grande papel das bandas do país no escenario grande. Cuchufellos o venres e Terbutalina o sábado brillaron con luz propia nun festival onde, para alén do Manu Chao, o resto de propostas non deron superado o grande nivel marcado polas bandas galegas. Deixámosvos fotos do concerto dos Cuchufellos e un vídeo do fin de festa de Manu Chao coa colaboración de Ico do Sonoro Maxín.

A primeira fin de semana de xuño tocou coller de vehículo, para achegarse até Redondela á edición deste ano do Millo Verde. Aló enviamos a nosa reporteira máis festivaleira, Lety GF, -xa van sete anos repetindo festival sen fallar nunca-. Como ela di, o Millo Verde é un dos festivais indispensables da Galiza. Non tanto pola representación galega, senón pola variedade de propostas alternativas que se congregan eses días en Redondela. Aquí vos quedan a súa crónica, fotos e vídeos, ademais dun vídeo de Martín Rodas, outro GZmusiqueiro que andou por aló na xornada do venres.

O Festival de Cine de Cans estivo cheo de música este ano. Como xa fostes vendo nos distintos vídeos que subimos á rede, pola aldea do concello do Porriño pasaron grandes nomes da música do país e tamén de fóra. Mais restábanos por subir un outro vídeo, dunha actividade que se celebrou o sábado 24  pola mañá da man de Xurxo Souto. Foi un paseo sonoro por Cans onde coñecemos pequenas historias musicais de Cans, inseridas con mestría por Souto na historia musical galega. Máis dunha hora de vídeo, de música, de historias, unha proba máis de que somos un pobo de artistas.

Os pasados 2 e 3 de maio, Salceda de Caselas acolleu a sétima edición da Festa 13/14. Estivemos aló o segundo día, para asistir aos concertos da noite. Chegamos un chisquiño tarde, polo que perdemos o concerto de Patxaranga, e só poidemos ver a The Lákazans, Muyayo Rif e Cuchufellos. Aquí vos deixamos crónica, vídeo e fotos do que alí vivimos. Que vos preste!

Aproveitando o festivo en Cangas, a Unidade Móbil de GZmúsica fixo noite na praia da Ladeira de Corrubedo o pasado venres 11 de abril para estar ben cedo de mañá, fresquiñ@s coma rosas, na primeira parada da Festa da Chuvia 2014. O Benboa, unha fermosa cetárea/tenda/restaurante, acolleu o concerto de The Lákazans, comezo da troula que durante a fin de semana percorreu as parroquias de Ribeira.

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.