Grupos

Familia Caamagno está de estrea. Un novo EP,'Hai que andar cos tempos!', editado por Lixo Urbano. Polo de agora, temos que nos conformar cun adianto, rock'n'roll con arrecendo carnelao. Eles propios explícano moi ben:

"A ver, camándulas! Gozade a dolor co adianto do novo EP dos Caamagnos! Editado polo mítico selo compostelán Lixo Urbano! Ides morrer máis sanos ca dios!"


Os Lady Chatarra son un novo grupo de Ordes que descubrimos en chuza.gl. Rock carcelario e -como din en chuza- vídeo violento, surrealista e enrevesado; Cartas dende o talego.

Os Ulträqäns proxectan xa o segundo ulträdisco. Na primavera de 2014 e con presentacións en todo o país, a nova criatura nada no laboratorio ulträqänido, -gravada en Estudios Amil na Coruña, mesturada n'A Ponte e deseñada por Javi Prieto-, promete remexer os alicerces do sistema planetario...e máis alá. Mais para que isto aconteza, Ulträqäns precisan da súa axuda. E botaron a andar un proxecto de micromecenado para acadar o finanzamento preciso. Entre as recompensas, levar o grupo a tocar ao teu ghalpón ou participar na gravación do traballo.

No bandcamp de García Mc xa está dispoñible 'Abaixo e de Remix', o 'Abaixo e de Pé' de García Mc remesturado por varios produtores habituais da escena galega. Catro temas do de Ordes revisitados por Croma, -Abaixo e de pé-, Mou, -O oficio da palabra-, Paino, -Amor e sangue en Chiapas-, e Hevi, -Rúa abaixo-. Podes escoitalos no interior do artigo.

O Concerto de Nadal 2013 da Universidade de Vigo será hoxe o marco no que se presentará o cuarto traballo da orquestra folk Sondeseu. A cita é ás 20:30h no Centro Cultural Novacaixagalicia e para a estrea de 'Danzas Brancas' Sondeseu contará no escenario do vello García Barbón coa colaboración da ACF O Fiadeiro, Kepa Junkera e Rushad Eggleston. A entrada é con invitación, que se pode solicitar no Campus de Vigo, na Vicerreitoría de Extensión Universitaria.

Bolboreta non ten paraxe. Despois de botar a andar a formación coa que presenta o seu primeiro proxecto en solitario, Lydia Botana embárcase en dúas novas aventuras, dirixidas aos máis novos. De aquí para alá e Música para bebés. O primeiro, unha viaxe polas músicas do mundo. O segundo, a descuberta da música para as crianzas máis noviñas. Ambas as propostas preséntanse esta vindeira fin de semana no Salón Infantil de Galicia, en ExpoCoruña.

AO VIVO