Concertos

O pasado domingo 1 de febreiro fomos até o Aturuxo de Bueu para ver o novo proxecto que presentaba un dos Mc's de DKTC, o SOKRAM. Acompañado nos pratos, -as veces tamén no rap, polo Mou, o rapeiro de Ordes regalounos un feixiño de temas dun cariz por veces máis persoal do que adoitan ter as letras de DKTC. Tamén os Alto Asalto subiron ao escenario para unha colaboración cos Mc's de Ordes. Aquí vos queda a nosa crónica, vídeo e fotos incluídos.

O 24 de xaneiro houbo noite metaleira na Capitol. Até alí foi Lucía Mallo a tirar unhas fotos e velaquí está o resultado. Os Invivo, acompañados no escenario esa noite por 2Sisters e A New Heaven Arise, tiveron ocasión de mostrarlle á parroquia do metal galego os temas do seu último disco, Cárcavas

A pasada fin de semana SOKRAM presentou en o seu primeiro disco en sociedade. Arroupado por varios membros da súa crew e por un feixazo de bos músicos do país, o rapeiro de Ordes debullou Chuvia Ácida, o seu primeiro disco en solitario. Até alí foi Lucía Mallo, que nos fixo de correspondente compostelá e agasallounos con estas mágnificas fotos.

Os festivais asociados a FEGAFE, cando menos os pertencentes á "confederación suroeste", xuntáronse o pasado sábado no CC As Pedriñas de Mos para festexar o remate do ano festivaleiro. Foi unha noite de encontros entre organizador@s de festivais e amig@s, unha "cuchipanda sonora" que contou coa actuación da Orquestra Chumeiras, Noite Fechada, A.P.I.S.A., DJ öne e o Leo. Velaquí un resumo en vídeo:

 

A pasada fin de semana fomos até Tameiga, en Mos, para ver o concerto de Blues do país. No Centro Cultural As Pedriñas, novo local que aposta pola música ao vivo na comarca de Vigo. Ao pé do Rebullón, no máis alto da Louriña, asistimos ao concerto -ateigado- deste dúo vigués-ourensán. E quen veñen sendo? Cortamos e colamos do seu perfil nas redes sociais: "Blues do país é o dúo formado por Pepe King e Bieitta James, no que os clásicos do blues e do soul soan en galego e cargadiños de retranca." Pois é. Sorprendeunos -positivamente- ver a Iseo, aka Bieitta James, de Sacha na Horta nun rexistro diferente ao que adoita practicar coa banda. E tamén gostamos moito dos clásicos que versionan en galego, moitos presentes no Bateas no Mississipi, disco de estrea que están a presentar este outono polo país. Esta vindeira fin de semana, en Ourense e Sandiás. Aquí vos queda unha mostra do que aquilo foi.

{fcomments}

O Aturuxo de Bueu sempre nos sorprende con concertos aparentemente inimaxinables no Morrazo. Formacións que adoitan tocar só en grandes salas das cidades máis importantes de Europa acaban aparecendo polo histórico local de Bueu. E todo grazas ao bo facer de Leiro, que leva anos rexentando o local e traendo o mellor do panorama musical mundial até a comarca morracense. Por exemplo, Roy Panton e Yvonne Harrison, lendas vivas do ska xamaicano que estiveron o pasado 20 de xuño por alí. Acompañados dos Transilvanians, que quentaron primeiro o ambiente e despois traballaron de backing band para os xenios do ska, deron un moi memorable concerto. Velaquí un resumo pequeniño.

 VÍDEO RESUMO

{fcomments}



Hai máis dun mes andamos por Compostela, no magnífico concerto que A Candeloria organizou na Sala Capitol. Dakidarría, Arrhythmia e Labreg@s. Aquí vos queda un resumiño en vídeo do concerto destes últimos, os Labregh@s do Tempo dos Sputniks, pondo música e emoción a poemas de Celso Emilio e Lois Pereiro. Para rematar, unha versión de Fuxan os Ventos dedicada aos grandes Mini e Mero (Fuxan, A Quenlla), únicos pais musicais que recoñecen @s Labregh@s.


 

{fcomments}

Os Camarada Nimoy lanzaron un concurso pola rede hai uns días. Simplemente tiñas que lles contar para que empregarías unha nave espacial e entrabas no sorteo das 15 entradas dun concerto exclusivo, con petiscos e "nun lugar diferente, único e secreto". Un dos cámaras gzmusiqueiros probou sorte e conseguiu entrada. Velaquí tedes un temiña que gravou o Martín deste concerto peculiar.

Vindeiros concertos

640144733_1661328505309044_6448672353842505295_n.jpg }06 Mai 2026
10º Facela Fest
Lugo
640144733_1661328505309044_6448672353842505295_n.jpg }06 Mai 2026
10º Facela Fest
Lugo
645790230_1542328411230550_6126441407160916991_n.jpg }07 Mai 2026
Agora Guerrilla
Borriquita de Belém - Santiago de Compostela
626278513_18344101579237107_7652831850050692149_n.jpg }07 Mai 2026
Antía Muíño
Avalon Café - Zamora (España)
640144733_1661328505309044_6448672353842505295_n.jpg }06 Mai 2026
10º Facela Fest
Lugo
624076770_17986133090933036_9170625095021733609_n.jpg }08 Mai 2026
Bestas
Sala Urania - Ferrol
625359261_18342640423237107_8185224847302903640_n.jpg }08 Mai 2026
Fillas de Cassandra
Recinto Feiral - Pontevedra
586678226_18334925893237107_7538853319763282673_n.jpg }08 Mai 2026
Rebeliom do Inframundo
Sala Capitol - Santiago de Compostela
662492807_4399302883652043_3346349509056976048_n.jpg }08 Mai 2026
Sementeira e Música
Área Recreativa do Muíño da Ponte - Corzáns (Salvaterra de Miño)
674283864_1346831577475892_4750641388000855558_n.jpg }08 Mai 2026
XXVIII Festa da Troita
Sigüeiro, Oroso (Oroso)