Concertos

O 27 de marzo, Vendetta e Betagarri estiveron na Sala Máster de Vigo ofrecendo unha noite de rock e ska contundente. Aquí tedes un pequeno resumo en vídeo da actuación dos segundos, Betagarri. Os gasteiztarras mostraron boa forma malia os 20 anos de andaina e fixeron un percorrido pola súa extensa discografía diante dunha sala ateigada. 


 

Hai 15 días, Ruxe Ruxe presentou o seu décimo disco na Capitol. O Brais Arroutado xa nos debullou Un mundo perfecto na súa estrea como colaborador deste webzine. Mais, alén de escoitar -e moito- a novidade dos Ruxe tamén lle fomos até a sala compostelá para ver como se desenvolvían alí de novo, na terceira presentación consecutiva dun disco en apenas 3 anos. E outra volta, coma en 2014, acompañados dos Biribirlocke. Crónica, fotos e un pequeno vídeo resumo do que alí houbo.

Vai por volta dun mes enviamos até o Teatro Afundación de Vigo dous dos nosos máis valiosos correspondentes. Lety GF e Lavesedo adentráronse en territorio inimigo -somos do Morrazo e Vigo, concretamente os dominios de Abanca, sempre serán terra hóstil- para asistir á presentación na cidade olívica do novo disco de Sés. A ocasión ben pagou a pena. Eis crónica e unhas fotos do concerto.

O venres 13 de marzo, dúas das mellores bandas de rock galegas do momento, Dakidarría e Nao, deron un concerto na Capitol. Dentro do seu GZ Tour De cuncas e de mar, os do Val Miñor convidaron os Nao para ofrecer un concerto memorable. Até aló foron Lety GF e C. Gende, para nos traer este resumo. Fotos, vídeo e crónica do que alí aconteceu.

Despois de asistirmos hai 10 días -entre concerto e concerto da Candeloria- a un petisquiño do concerto de Seivane no Clavi, quedamos con ganas de máis. E a menos folqui da crew de GZmúsica foi até a Capitol o sábado 7 de marzo para ver a presentación alí de "Fiz", novo disco da gaiteira. Esta é a súa impresión

Venres 6 de marzo Blues do País deu un concerto na Gentalha do Pichel compostelá. A nosa compañeira Lety GF, que nos marchou de correspondente para a capital do país, dubidaba entre baixar para O Morrazo ou quedar alá e ir ao concerto... obviamente alá foi e velaquí tedes agora fotos, vídeo e crónica do concerto.

Este sábado, aproveitando o noso paso polo festival da Candeloria en Lugo, deixámonos caer polo club Clavicémbalo ao concerto de Susana Seivane. A gaiteira presentaba o seu novo traballo, Fiz. O do sábado foi o primeiro concerto dunha xira que no seu día fora cancelada pola maternidade da gaiteira. Agora estamos á espreita para coñecer o resto de datas desta xira de presentación. No concerto o público gozou cos temas do novo disco e con pezas clásicas da música tradicional. Aquí tedes un vídeo cun anaco do concerto.


O pasado 7 de febreiro o Salason de Cangas acolleu o directo das Ataque Escampe. Moitos anos despois da súa anterior visita ao Morrazo, con algún cambio na formación, máis calvas pero moito más elegantes. Así o vivimos nós, misturadxs entre adolescentes que cantaban os temas en primeira fila e señoras que escoitaban condescendentes mentres remexían o gin tonic.

Vindeiros concertos

671647126_1529400112523121_245636148477317500_n.jpg }05 Mai 2026
09:30PM -
Vadzim Yukhnevich e Giuliano Parisi
Borriquita de Belém - Santiago de Compostela
640144733_1661328505309044_6448672353842505295_n.jpg }06 Mai 2026
10º Facela Fest
Lugo
640144733_1661328505309044_6448672353842505295_n.jpg }06 Mai 2026
10º Facela Fest
Lugo
645790230_1542328411230550_6126441407160916991_n.jpg }07 Mai 2026
Agora Guerrilla
Borriquita de Belém - Santiago de Compostela
626278513_18344101579237107_7652831850050692149_n.jpg }07 Mai 2026
Antía Muíño
Avalon Café - Zamora (España)
640144733_1661328505309044_6448672353842505295_n.jpg }06 Mai 2026
10º Facela Fest
Lugo
624076770_17986133090933036_9170625095021733609_n.jpg }08 Mai 2026
Bestas
Sala Urania - Ferrol
625359261_18342640423237107_8185224847302903640_n.jpg }08 Mai 2026
Fillas de Cassandra
Recinto Feiral - Pontevedra
586678226_18334925893237107_7538853319763282673_n.jpg }08 Mai 2026
Rebeliom do Inframundo
Sala Capitol - Santiago de Compostela
662492807_4399302883652043_3346349509056976048_n.jpg }08 Mai 2026
Sementeira e Música
Área Recreativa do Muíño da Ponte - Corzáns (Salvaterra de Miño)