O Episodio 2 de GZmúsica TV chega ás súas pantallas. Unha delegação de Chotokeu e Skarnivals pasaron pola discotasca de GZmúsica para nos falar da Caravana de Emerxencias, un interesante proxecto que levarán a cabo xunto a Skarallaos e Swindigentes o 4 de abril. Falamos tamén do novo disco dos Heredeiros e de como vai indo o Reperkusión 2013. Coma sempre en Vía TV, -TDT na provincia de Pontevedra-, e en streaming en gzmusica.com, o venres 22 ás 24h e domingo 24 ás 23:30h. E a partir do luns, dispoñible na rede.
Sés, o proxecto musical de María Xosé Silvar, presentará este venres no escenario do Garufa a súa nova banda. A coruñesa tocará arreo coa nova formación estas semanas e tamén anuncia a saída esta primavera do seu segundo traballo, que está a gravar con eles: o seu partenaire no formato acústico, o guitarrista Tito Calviño, ao que se unen Fran Sánz ao baixo e Marcos Pazo á batería.
O vindeiro sábado 23 de marzo publicarán o novo disco, gravado este inverno despois do éxito obtido na súa campaña de micromecenado en Verkami. Nao embarcouse nunha xira de presentación que comezou o pasado sábado no Carballiño e que terá paraxe en moitos puntos da nosa xeografía nas vindeiras semanas. 3 esta mesma fin de semana. A primeira, HOXE xoves, na sala Capitol de Compostela. Consulta as datas e escoita o disco no interior!
Megara son unha banda de heavy metal fundada hai 4 anos que presenta nova formación e xira neste 2013. Á espera de vos podermos confirmar máis datas, o 19 de abril na sala Berlín de Ourense.
GZmúsica TV volve ás súas pantallas. Mañá venres, á medianoite, emitindo no TDT e na rede, a música galega entrará de volta nos seus fogares. Despois do exitazo do noso Episodio Piloto, -que leva 500 reproducións na nosa web e outras tantas no Youtube-, esta fin de semana volvemos cunha nova posta de música galega. Punk, folk, hip hop, o que ferve na rede,...entérate do que imos contar no Episodio 1 de GZmúsica TV.
Hoxe MÉRCORES 6 DE MARZO, ás 21:30h, Dakidarría compartirá con tod@s nós o seu novo videoclip, Terra, e farao a través de varios portais musiciais entre os que está GZmúsica. O traballo de Samthing Visual e Dakidarría foi pre-estreado onte na Taberna Marrucho, en Baiona. O desexo do grupo é que o videoclip mostre a súa identidade, o que son, o que defenden, e que mellor forma de facelo que mostrando a súa (e nosa) Terra. Como eles din: "Mostrar o amor pola nosa Terra, inmortalizala tal e como é, tal e como a vemos, a Terra onde nos criamos, onde nos fixemos maiores, crecendo tanto musical como persoalmente, a Terra que fixo do grupo o que é agora e a que nos levou a percorrer tantos e diversos paraxes e a vivir tantas e tantas historias". No interior deste artigo podes ver os 6 vídeos, unha especie de makin-off, gravados durante a rodaxe do videoclip e, -A PARTIR DAS 21:30h-, tamén terás a posibilidade de ver Terra. A nós xa nos tarda!