Concertos

Un dos últimos concertos aos que asistimos o ano pasado foi o de Wöyza no Salason de Cangas. A cantante de Moaña viña presentar o seu novo traballo, Pelea, que está a ter boa acollida en público e medios especializados a nivel estatal. 11 temas cantados en español onde Wöyza explora ese vieiro que a leva do hip-hop cara ao soul ou incluso R&B. Até a magnífica sala cangueira baixou a nosa compañeira Lety GF desde os altos de Coiro para gozar dunha boa velada musical e de paso achegarnos esta pequena crónica, con fotos e vídeo.

O sábado 17 de decembro GZmúsica andou pola Pontragha. As Bouba Pandeireteiras apresentaban Vinculeiras, o seu primeiro traballo, e até aló foi Lety GF para nos contar todo o bo que alí houbo. Moita pandeideretada, de nenas, mozas e avoas, coa xente do lugar e vidos da contorna arroupando as Bouba na súa presentación. Aquí vos quedan fotos e unha pequena crónica da man da nosa reporteira.

O pasado 9 de xullo o Centro Social A Tiradoura de Cangas acolleu a presentación da segunda edición do Festival da Liberdade, que terá lugar en outubro tamén no concello morracense. Despois do éxito da edición do 2015 e á espera de que o campo de Montecarrasco volva acoller un feixe de bandazas galegas e estatais, estivemos na veiga da Tiradoura, en Reboredo, gozando coa Compañía do Ruído e Labregxs do Tempo dos Sputniks.

Superoito fixo parada no Hío antes do seu concerto no OurenRock. Foi o pasado 3 de xuño no Carlete, en Vilariño, un novo local a programar música ao vivo na comarca do Morrazo. Non podiamos faltar a un concerto dunha das bandas das que máis gustamos en GZmúsica e menos no bar onde tomamos o vermú algún de nós. Así que baixamos á aldea para velo e aquí vos deixamos crónica e fotos de Lavesedo do concerto.

Akatz trouxéronnos ritmos xamaicanos desde Euskal Herria o pasado mes de abril. A banda de reggae vasca andou polo Clavicémbalo de Lugo e polo Aturuxo de Bueu. Non podiamos deixar pasar a ocasión de velos tan perto da casa, así que fomos ao concerto no Atu. Aquí vos queda crónica, con fotos e vídeo de Lety GF.

A primavera veu cargada de concertos no Morrazo. Andamos polos locais que manteñen programación estable -e variada- na bisbarra, ollando moita cousa boa. Xa vos falamos do concerto de Malandrómeda no Labranza e hoxe achegámosvos crónica e fotos do paso da Familia Caamagno polo Salasón de Cangas. 

Malandrómeda parou no Morrazo, no Bar Labranza da aldea de Meiro, para presentar os seus dous novos discos. Foi o pasado 18 de marzo e por alí estiveron Lety GF e C. Gende para facer esta crónica. Hip Hop do melloriño da man do Hevi, no micro, acompañado de Xurxo Piñeiro dos Barbitúricos nos controis, para apresentar "Os corenta e oito nomes do inimigo" e "Cada can que lamba o seu carallo", 21 novos temas dun dos mellores representes do hip hop galego.

Hai un par de fins de semana achegámonos a Compostela para irlle á estrea do novo disco da Familia Caamagno, Para unha vez que saímos. Noite de rock e chaquetas vermellas, nunha Capitol con bo ambiente que gozou cos concertos de Cool Funeral primeiro e Familia Caamagno despois. Aquí vos queda unha pequena crónica e unhas fotos do concerto, todo feito por Lavesedo.

Vindeiros concertos

811304409_2294471158032466_5850236406160331118_n.jpg }25 Out 2026
A Pedreira + Beautify Junkyards
Teatro Colón - A Coruña
828392525_1507169507838680_1591961306741483531_n.jpg }25 Out 2026
Anxo Araújo
Krazzy Kray! - Cambados
834360154_1753198923476594_7467849745056626010_n.jpg }25 Out 2026
10:00AM -
VII O Son da Gaita
Pazo Besada - Poio
825292512_1403439681947818_5337116742516565110_n.jpg }25 Out 2026
12:00PM -
Mercado de Artesanía e Produto Local
A Arca da Noe - Vilar de Santos
825325247_17888000316682326_1337381658359308050_n.jpg }25 Out 2026
07:00PM -
As Darbukas Dacolá
O Adro - Cangas
825328425_1849953423408606_2192198202431545320_n.jpg }25 Out 2026
08:00PM -
Sumrrá
Casa das Crechas - Santiago de Compostela
839157800_18348525814268419_3961946061528077243_n.jpg }28 Out 2026
10:00PM -
Banda das Crechas
Casa das Crechas - Santiago de Compostela
703131652_18531464947075076_602153652775660309_n.jpg }30 Out 2026
XXI Castañazo Rock
Chantada
830436858_1724598499675369_1681460389390176096_n.jpg }30 Out 2026
06:00PM -
Pakolas
Biblioteca Municipal - Ordes
825325247_17888000316682326_1337381658359308050_n.jpg }30 Out 2026
10:00PM -
Lacón sin Jrelos + Satenta + Youcanthide
O Adro - Cangas