Concertos

O pasado sábado 4 o Aturuxo de Bueu acolleu o que semella o derradeiro acto festivaleiro das Mozas e Mozos de Beluso. A Asociación Cultural que organizou durante anos A Noite do Trasno en cabo Udra e antes a Festa das Mozos e Mozos en Beluso quixo despedirse de toda a xente que gozou dalgunha daquelas máxicas noites de agosto. Trampoline, Xenderal, Furious Monkey House e Camarada Nimoy puxeron a música nunha xornada que comezou xa de mañá e se prolongou até a noitiña.

Ataque Escampe deu en Compostela, o pasado 19 de xuño, un concerto inesquecible. Foi a presentación en sociedade dos Relatos Americanos pero tamén a despedida de Alex Charlón e incluso a primeira ocasión en Santiago de escoitar ao vivo e en plenitude o Disco Vermello. Ocasión inmellorable para a estrea dun novo colaborador de GZmúsica, o Miguel Duarte. E tamén por vez primeira na nosa web, fotos de Gloria López para nos ilustrar o que deu de si o paso pola Capitol das Ataque Escampe.

O pasado venres 12 de xuño os Lavesedo Brothers, parte do núcleo duro do brazo tecnolóxico-social de GZmúsica, cruzaron a ría para ir ao concerto de The Movement e Keltoi na Sala Máster. Primeira visita dos dinamarqueses a Galiza e engadido de última hora dos Keltoi para completar un cartaz que non se podía deixar pasar. Moitas ganas na xente de volver ver os Keltoi na súa cidade e moita curiosidade por uns The Movement de aires clásicos e brutais sobre o escenario.

Lety GF segue a nos mandar as súas crónicas capitalinas. A nosa compañeira -morrasense coma case todxs nós- anda por Compostela e non perde ocasión de se achegar até algún dos concertos que hai pola capital. Porque malia as poucas miras e moita incultura con que algúns quixeron -e queren- calar a música en Compostela, esta segue. Eis un exemplo, na súa crónica da Festa do dezassete na Gentalha do Pichel, con fotos de Lucía Mallo.

O Davide Salvado tamén andou a pasada fin de semana polo Festival de Cans. Tocou no Jaliñeiro e alí soaron xa algúns dos temas do seu novo traballo, Lobos, que se publicará o vindeiro 16 de xuño pero do que xa hai tamén algún adianto na rede. Aquí vos deixamos a entrevistas que lle fixemos ao pé de Jaliñeiro e un extracto do seu concerto en Cans.

Cans viviu a décimo segunda edición do seu Festival de cine. E como vén sendo costume, a música tamén non falta na meca do agroglamour. Moita e moi variada. Reivindicativa, ghamberra e alegre, como ten que ser. Ben sabedes que isto é un webzine musical e non adoitamos meternos na política, mais desta volta non podemos deixar de dicir que gustamos do sopro de ar novo que percorreu Galiza e o Estado este domingo. Así, parvadas como querer sacar tallada da presenza en Cans de Def Con Dos -tras a vergoñenta detención por unhas horas do C. Strawberry por apoloxía do terrorismo- e xuntala coa dos Poetarras para axitar pantasmas e inventar andrómenas quedan reducidas ao que son, parvadas. Soños escuros daquelxs que non entenden a liberdade, a diversidade ou a ironía. Pesadelos que non imos deixar que fagan realidade.

Chotokoeu comezan esta noite xira por toda Europa. Fano na casa, no Garufa ás 10 da noite. Andarán despois por Holanda, Bélxica, Inglaterra, Alemaña,... e volverán o 11 de xullo, ao Festival da Chaira. Mais esta non é a primeira xira no 2015 dos Chotokoeu. A banda máis viaxeira do panorama galego xa estivo polo sur da península Ibérica hai unhas semanas. Até Granada -nada menos!- fomos velos. Eis a crónica do Brais Arroutado do concerto que os de Uxes se marcaron na capital andaluza.

Aí vén o maio, de música e troula cuberto. En Salceda, co comezo dos festivais de verán ou en Compostela, coa Feira de Primavera no barrio de San Pedro. Algo ten este bairro, que tanto lle cantan as bandas galegas. Algo terá, que ten poder e lle dá medo aos do concello. Tanto medo, que non lle deron á Asociación de Veciños -organizadora- literalmente, coma ao inimigo, nin auga. Nin luz. Nin nada. Por aló andou Lety GF e despois aínda se achegou ao concerto de Rozalén, no Principal. Eis a crónica de como lle foi nese dous de maio compostelán.

Vindeiros concertos

811304409_2294471158032466_5850236406160331118_n.jpg }25 Out 2026
A Pedreira + Beautify Junkyards
Teatro Colón - A Coruña
828392525_1507169507838680_1591961306741483531_n.jpg }25 Out 2026
Anxo Araújo
Krazzy Kray! - Cambados
834360154_1753198923476594_7467849745056626010_n.jpg }25 Out 2026
10:00AM -
VII O Son da Gaita
Pazo Besada - Poio
825292512_1403439681947818_5337116742516565110_n.jpg }25 Out 2026
12:00PM -
Mercado de Artesanía e Produto Local
A Arca da Noe - Vilar de Santos
825325247_17888000316682326_1337381658359308050_n.jpg }25 Out 2026
07:00PM -
As Darbukas Dacolá
O Adro - Cangas
825328425_1849953423408606_2192198202431545320_n.jpg }25 Out 2026
08:00PM -
Sumrrá
Casa das Crechas - Santiago de Compostela
839157800_18348525814268419_3961946061528077243_n.jpg }28 Out 2026
10:00PM -
Banda das Crechas
Casa das Crechas - Santiago de Compostela
703131652_18531464947075076_602153652775660309_n.jpg }30 Out 2026
XXI Castañazo Rock
Chantada
830436858_1724598499675369_1681460389390176096_n.jpg }30 Out 2026
06:00PM -
Pakolas
Biblioteca Municipal - Ordes
825325247_17888000316682326_1337381658359308050_n.jpg }30 Out 2026
10:00PM -
Lacón sin Jrelos + Satenta + Youcanthide
O Adro - Cangas