Grupos

Heredeiros da Crus comezan a gravación do seu novo disco, que se publicará antes do verán. O traballo, o noveno na carreira discográfica de Heredeiros, estará producido polo produtor español Juan de Dios Martín, que xa ten traballado con artistas como Amaral, Bunbury, Xoel López ou Barón Rojo. As sesións de gravación comezan esta semana na Coruña, case dez anos despois da última vez que o grupo de Ribeira .pasase polo estudio.

Agora si, traballiño nos costou mais xa estamos aquelados para dar o chimpo á TV. Comezamos a emisión o vindeiro venres 8 de marzo, ás doce da noite, co primeiro programa de GZmúsica TV. A nosa disco-tasca particular, un programa sobre a cultura musical galega, con entrevistas, crónicas de concertos e presentacións de novidades discográficas.

Así foi como se fixo este primeiro programa.

E se non a viches aínda, bótalle un ollo á nosa cabeceira.

Cada venres ás 00:00h, -con reposición os domingos ás 23:30h, achegarémosvos as novas da nosa música. E se non podes ver Vía TV, -a TV cobre amplas zonas da provincia de Pontevedra-, non te preocupes. Tamén semanalmente iremos colgando na rede os programas.


Case en 70 lugares diferentes, -e non só na Galiza, senón tamén en España, Irlanda, Francia ou Arxentina-, as e os músicos tradicionais quixeron homenaxear a nai das nosas letras. Cork, Bos Aires ou Madrid. Pero tamén en Laíño, en Lestrobe ou na rúa Real de Vigo. Aquí tedes o playlist coas 19 formacións que subiron os vídeos. Na web da Fundación Rosalía seguen a actualizar información sobre a homenaxe.



Xa está dispoñíbel para escoitar e descargar o novo traballo de Terbutalina. Gravado no Estudio A Ponte de T. Ageitos en Roxos (Belgrado) e mesturado en Estudios Mandelson, tamén na Península Balcánica. Deseño de ArinsPunk por cortesía de Contrasurco. O traballo será presentado o vindeiro 7 de marzo na Capitol de Compostela, xunto aos Familia Caamagno. Ademais de a todos eles, Terbutalina non quere deixar de agradecerlle a Conde Roa a súa existencia vital. Sen el, probabelmente non bailariamos o ritmo serbio.

A Compañía do Ruído lanza unha campaña para está a piques de acadar o financiamento preciso para gravar o seu novo disco, Pensares galegos. O prazo remata a mediados de marzo, pero a banda de Ribeira xa ten achegas que cobren máis do 85% do orzamento previsto para a gravación do traballo. Grazas fundamentalmente á achega da Asociación Anchoa, organizadora da Festa Folk Fin do Camiño de Fisterra, que deste xeito contará coa Compañía no seu cartaz para este ano. No entanto, aínda estás a tempo de lles botar un cabo para completaren a campaña de microfinanciamento.

 

{fcomment}

O grupo Os Minhotos presentou o pasado día 14 no Pazo das Pombas de Lugo o seu traballo discográfico Pinga d'auga. O disco contén doce temas nos que o grupo mestura gaitas en diferentes tonalidades, acordeón, zanfona e multitude de instrumentos de percusión tradicional. Pinga d'auga é o primeiro disco do quinteto formado por músicos de Lugo e da Terra Chá. Os integrantes dos Minhotos presentaron o cd “como non podía ser doutra maneira” na rúa do Minho, no Pazo das Pombas. Durante o acto de presentación, explicaron como fora o proceso de creación que deu como froito esta Pinga d'auga e interpretaron varios dos temas recollidos no disco.

AO VIVO