Grupos

Crecente é o título do álbum de debut da formación Mel de Meiga, o novo proxecto musical de Eva Carreras. A cantante, coñecida por ter participado no programa televisivo Operación Triunfo, vira a súa carreira cara ao folc cun grupo no que conta con antigos músicos de MutenRohi.


Este sábado 17, a casa da Cultura de Vincios (Gondomar) acollerá a presentación oficial do traballo de estrea dos Irmandiños de Vincios. Monte Galiñeiro, un traballo que escolma os cinco anos de existencia dunha formación que se creou coa pretensión de pasalo ben en furanchos e seráns. E iso nótase nos 16 temas que compoñen o disco, moitos de autoría propia mais chantados todos na tradición. Iso si, na súa vertente máis bailable e festeira, o que vén sendo unha constante nas novas formacións das terras de Turonio.

Na web dos Irmandiños podedes escoitar Monte Galiñeiro.



Aquí tedes o paso dos Irmandiños polo Luar...ollo á intro!

O último disco de Marful achégase ás cidades do sur do país. Ourense e Vigo acollerán hoxe xoves e mañá venres a presentación do Manual de Sedución,  disco editado no outono de 2010, coa banda ao completo, -sexteto-. E fano despois de ter tocado nestes dous anos nos mellores auditorios de Galiza. E tamén de Portugal, até o punto de ser a primeira banda galega en tocar na Casa da Música do Porto. 

O dúo 2uS, música instrumental, presenta hoxe martes 13 ás 21.30h o seu segundo traballo, "Dous", que xa foi aclamado pola crítica do país. A hora da actuación adiantouse unha hora por mor da folga xeral convocada para mañá mércores. O dúo estará acompañado polo contrabaixista Pablo Pérez.


Tourilandia segue a apostar pola música galega ao vivo nos seus contidos. Desta volta, Os Podridos de Beade tocando a regho cheo, tema que lle dá nome ao último traballo dos de Beade, publicado en 2011. A banda, que deu o seu primeiro concerto en 1993, reactivouse nos últimos anos coa publicación do seu segundo disco e volveu aparecer nos cartaces de varios festivais este verán.

A Pobra de Trives acollerá a fin de semana do 9,10 e 11 de novembro o I Encontro de violino popular, un programa de actividades varias ao redor deste instrumento e a súa versión máis popular: divulgación, práctica, convivio, concertos, conferencia,... Talabarte, Pancho Álvarez e Comisa Bal serán os encargados de concertos e sesións didácticas que comezarán o venres 9 de novembro ás 20:30h na Casa da Cultura da capital da Terra de Trives

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.