Os Folkgazais motorízanse. E a banda eonaviega tiña que escoller por forza un vehículo dos anos 40. Da escolla enterámonos no blog de Quique de Roxíos, que entrevista ao Abel Pérez, acordeonista dos Folkgazais, co gallo da presentación en sociedade de Haiga, o segundo disco do grupo da Veiga. A presentación será desta beira da ría, no Café-Teatro de Ribadeo a vindeira fin de semana. Venres 26 só para as persoas que colaboraron no crowfounding que posibilitou Haiga e sábado 27 aberto ao público. Na web dos Folkgazais podedes descargar Ouro non, adianto do disco.
Vimos de coñecer unha outra iniciativa de difusión da música galega. Trátase de Galiza mais perto, un programa da Rádio Universitaria do Minho que todas as quintas feiras lle abre unha xanela á nosa música na radio da outra beira do Miño. Emítese en Braga pero podes escoitalo on-line. E se tes un grupo lembra que desde o Galiza mais perto fan un chamamento ás bandas do país para participaren no programa.
Ler máis: Galiza mais perto, unha xanela galega na radio do Minho
Reproducimos a información da Asociación de Gaiteiros Galegos das presentacións da súa última publicación, "Son do Fol", o primeiro método infantil de iniciación á gaita galega que permite adiantar o ensino deste instrumento aos 6 anos en lugar dos 10, que era a idade máis habitual. A primeira delas, o vindeiro mércores en Compostela.
O proxecto que Guadi Galego, Xose Lois Romero, Xabier Díaz e Guillerme Fernández ergueron esta primavera, aCadaCanto, rematou a finais do verán a xeira de concertos que percorreu o país. Os seus integrantes seguen camiño, escollendo en cada encrucillada o seu carreiro, e con certeza han encontrarse de volta. Entrementres isto acontece, podemos gozar co fenomenal disco que compuxeron.
Aleko, cantante de Planeta Lem Barcelona, e ex-líder de Go Lem System (donde xirou xunto a Manu Chao) e Toñyto All Time, músico vigués que xira dende o último ano por todo o estado co seu primeiro disco en solitario: Con todas tus fuerzas, presentan a súa Girinha no sur de Galiza contra finais de novembro. Estas son as datas:
30 NOV: Sala Aturuxo (Bueu)
1 DEC: Sala XancaraJazz (Vigo)
2 DEC: Saña A Regueifa (Ponteareas)
Todas as entradas pódense mercar anticipadas en www.ticketea.com ou nas propias salas os respectivos días dos concertos.
O prezo será de 3-4 euros entradas e 5-6 euros entrada + CD Planeta Lem (dependendo da sala)
GZmúsica entra de cheo nas eleccións. Imos falar só de música...e iso que habería moito que dicir! Traémosvos as cancións que van acompañar os candidatos dos distintos partidos políticos que se presentan as eleccións do 21-O. Pop e folc adoitan ser os estilos máis acaídos para a ocasión, pero sempre hai de todo. Aquí teñen a primeira entrega, con temas do PP, o PSOE e CxG. Pasen e vexan!!